jueves, 26 de mayo de 2011
"A SEGUNDA"
Tras moito loitalo, o Deportivo deberá competir a seguinte tempada na división de plata do fútbol español, xa que unha derrota por 0-2 ante o terceiro clasificado da liga, o Valencia e outros "raros" resultados, como dixo Lotina, non lle permitiron manter a categoría. Ata 19 veces se achegou o conxunto coruñés á meta de César, sen embargo, foi en vano. Un pau de Riki, e unha mala definición de Adrián que marchou rozando o pau, as mellores ocasións do encontro. A pesar disto, o Depor, xa remaba a contra corriente dende o minuto 4 cando Aduriz soubo aproveitar moi ben un centro mal botado por Joaquín. Dúas intervencións máxicas de Aranzubía, fixeron soñar ao Depor ata o final, no que puido empatar o partido por mediación de Colotto, e que finalmente sentenciou para os valencianistas, Soldado. Hay que resaltar a boa actitude dos xogadores chés, que non celebraron ningún dos goles que anotaron. A falta de puntería e os dianteiros pouco efectivos cos que contaba o Deportivo dende comezos de temporada, pasaronlle factura o pasado sábado no que 34.600 persoas botaron a chorar de tristeza, amargura e desesperción, ante o seu Depor, que polo de pronto, encadeaba vinte inigualables tempadas na élite do fútbol español. O diario MARCA, decidiu titular a súa edición dixital cunha frase conmovedora: "Hasta pronto, Depor". Outros periodistas como Susana Guasch, tamén eviou o seu desexo de volver a ver pronto a un "grande" na Primeira Divisón. Pola súa parte, ex xogadores como Donato, Bebeto, Fran, Filipe Luís, Nando e Capdevila, quixeron dar o pésame á familia deportivista que tan mal o está pasando nestes momentos. Agora, a única saída, e estar máis unidos que nunca, xogadores, e club para conseguir o tan ansiado ascenso.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

Entre todos poderemos conseguilo!!
ResponderEliminarFORZA DEPOR!!