domingo, 3 de junio de 2012

FDB manexa varias opcións

Deportivistas. Coruñeses. Galegos... Amigos e lectores desta web. Seis meses despois da nosa última entrada, considero que lles debo unha boa explicación a todos. Son Andrés Díaz, director e redactor de FDB, e penso explicarlles detalladamente todo o ocurrido ata o día de hoxe.

Todo comezaba o 8 de Decembro do 2011, cando me replanteaba o futuro deste blog, sen saber con certeza que facer. Cumplíanse non hai moito 2 anos dende a fundación de Forza Depor Blanquiazul, e por tanto, era hora de comezar a facer balance da situación, e pensar no que acadáramos ata ese intre. Tras moito cavilar, acordei cos meus colaboradores pechar temporalmente, e así poder embarcarnos noutros proxectos, o que faría que a nosa volta fora máis forte que nunca.

Pois o caso é que nestes últimos meses, estivemos ideándo o novo FDB. Explícome:

FDB ten pensado abrir de novo as súas portas, non obstante non saberíamos dicir aínda data de reapertura, xa que o cambio de dirección, correo, diseño, logotipo, redactores, plantilla e gadgets pode levar moito tempo, se queremos crear unha web competitiva.
O cambio de nome é un dos posibles trocos con respecto ao pasado FDB, pero como digo, non sabemos aínda por onde comezar.

Por todos estes motivos, esperamos que me entendades, tanto a min coma aos meus axudantes, e esperamos poder estar de novo presentes nas vosas pantallas coa mellor información posible. Un saúdo.

jueves, 8 de diciembre de 2011

"FDB DEIXARÁ DE PUBLICAR ATA COMEZOS DE 2012"

Andrés Díaz, director desta web, decidiu deixar de publicar as novas do clube herculino, polo menos ata ben entrado o novo ano. Según o mandatario da web, a mediados de Xaneiro, FDB voltaría para quedarse con novidades de todo tipo. "E hora de facer balance do que foi FDB ata o de agora, e replantexarse con calma a nova etapa na que entramos, os novos obxectivos.", comentaba Andrés no día de onte. "Espero que tras este pequeno parón os nosos lectores poidan organizarse, así coma os novos colaboradores que entrarán a formar parte da web, de quenes espero esforzo e dedicación no día a día de FDB. Non obstante, añadimos que o Twitter e o Facebook de FDB seguirá activo o que resta de ano, así como no 2012."

O director da web coruñesa, decidiu tomar esta medida por mor do traballo que se acumulaba neste fin de ano, algo que lle obligou a tomar unhas vacacións de Nadal. Tamén debemos recordar, que según se comentou ultimamente polo entorno de Andrés Díaz, a web traerá consigo un montón de novidades e sorpresas que se irán avanzando por medio das redes sociais nas que estamos rexistrados.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

"FDB COMEZARÁ DE VERDADE NO 2012"

Forza Depor Blanquiazul, que marcaba diversas metas e obxectivos que cumplir no último mes do ano, deixará a súa reapertura estelar para o 2012, é dicir dentro dun mes escaso. Neste novo ano que comezará, FDB marcarase o reto de chegar ás 2.000 visitas ao mes, algo impensable para moitos polo de agora. Pero a cruda realidade é que este proxecto é levado a cabo por tan so unha persoa, Andrés Díaz, director e redactor da web, que comezou todo isto como un simple 'hobbie' para informar aos escasos lectores da actualidade deportivista. Por tanto, o director da páxina web cambresa, decidiu tomar medidas coa desesperante situación da páxina, deixando claros os seus obxectivos para o 2012: "2012 será a clave deste proxecto. Tras dous anos de proba na rede, FDB volcarase ao máximo, día a día en informar da actualidade deportivista durante o ano que entra.", dicía esta mañán o redactor da web galega.
FDB buscará tamén novos COLABORADORES neste tramo no que se afronta un futuro de éxitos periodísticos e deportivos. Novos gadgets, unha nova cabeceira, unha remodelación completa da web, e a colaboración dun par de empresas que creen no futuro de FDB serán tamén novidades neste novo ano. Por tanto, esperamos todo o apoio dos nosos lectores máis fieis que nunca nos deixaron tirados, e esperemos sigan así. Tamén debemos informar da nosa situación en Twitter e Facebook, xa que FDB arrasa tamén nas redes sociais. En Twitter, FDB acaba de chegar na tarde de hoxe aos 200 seguidores, e en Facebook, somos xa 440 amigos.

martes, 15 de noviembre de 2011

"FDB BUSCARÁ ASENTARSE NO PANORAMA DEPORTIVO E INFORMATIVO"

Forza Depor Blanquiazul buscará a partires do vindeiro mes de Decembro asentarse no panorama informativo en canto ao Deportivo se refire, xa que a increíble reacción dos seus lectores máis fieis nas redes sociais fixo que o director da web, Andrés Díaz, se replantexe a situación do espazo, actualmente en números vermellos, tras 5 meses de ouro. FDB, que vai camiño de ser a páxina deportivista en galego en activo máis seguida de Galiza en Twitter e Facebook, buscará dar a campanada no último mes do ano, na que as principais espectativas son alcanzar as 1.000 visitas, chegar aos 600 amigos en Facebook, aos 250 en Twitter, e abrir un programa blanquiazul na radio local coa que FDB está irmandado, Onda Agüeiros. Con esta emisora web, Forza Depor Blanquiazul manten unha relación moi estable dende hay xa uns meses, en canto se acordou comezar ese ilusionante proxecto. A parte, Andrés Díaz, tomou xa contacto co xefe de sección en Depor Sport,  Eduardo Caridad, para que FDB sexa noticia en breve nunha das páxinas do diario coruñés. Tamén cabe destacar o trato con outras moitas empresas coas que FDB colabora, como 'A Raíña-Construcións', CasteloDeporte, ou Senave Pinturas.

domingo, 13 de noviembre de 2011

"O DEPOR REINA EN GALIZA"

Un dos derbis galegos máis seguidos da historia, rematou finalmente cunha victoria do Deportivo no seu feudo, apoiado por 33.000 aficionados herculinos, e acosado por 2.000 vigueses. Galiza, España e o mundo enteiro, presenciaron os goles de Riki, que tocou as redes tras rebotar nun defensor celeste, así coma o gol celtarra de Orellana nun despiste defensivo do Depor a 9 minutos do final, ou o trallazo de Lassad Nououi dende fora da área a cinco minutos para dar por pechado o encontro.


O Deportivo demostrou a súa superioridade ante o eterno rival, ante a súa incansable afición, que demostrou o compromiso co seu clube, e aínda máis nun partido deste calibre. O Depor-Celta, que foi visto dende todos os lugares do mundo, saldouse cunha victoria local, é dicir, do Depor, que comezou adiantándose no marcador aos 4 minutos, grazas a un grande centro de Valerón, que recolle Saúl e tras recortar, deixalla a Riki en boca de gol, que impulsa o esférico co tacón, que acabou entrando coa colaboración do defensa celtiña, Jonathan Vila, en propia porta.
Despois deste gol, o Celta comezou a reaccionar, con peligrosas contras ás que á defensa do Depor soubo manexar moi ben. Aranzubía, foi tamén un dos máis destacados da primeira metade, tras un par de paradas maxistrais que poderían ter suposto dous tantos vigueses. Un posible penalty por man de Laure non sinalado polo colexiado, López Acera, foi outra das accións que reclamaron os de Paco Herrera. Tras un par de ocasións máis do Depor, firmouse o término dos 45 minutos en Riazor.

Xa na segunda parte, foi o Depor quen comezou sufrindo cun constante ataque celtiña por mediación de Iago Aspas e David Rodriguez. Neste tramo do partido, o primeiro, tivo que sufrir as consecuencias das súas palabras, cunha pancarta elaborada polos Riazor Blues que dicía: "Do voso circo, Iago Aspas é o noso bufón preferido". Nun momento dado, o vigués, farto dos pitos e broncas dos aficionados locais, colleu un arrebato no que soltou un zapatazo de cara ao público deportivista, nunha situación na que o balón estaba parado.
Pouco despois, e tras intentos fallidos de ambos conxuntos, cunha posesión moi repartida en todo momento, foi Orellana o máis listo da clase, quen se iría da defensa deportivista plantándose so ante Aranzubía, e definindo con calidade. Nese intre, os aficionados Celtarras, desbocaron toda a súa furia contra os bancos e asentos do estadio, que foron tirados cara a parte de abaixo do estadio na que se atopaban seguidores blanquiazuis.
Non obstante, apenas durou dous minutos a alegría viguesa, xa que Lassad Nououi, cun trallazo dende fora da área, decidiría esta nova edición do derbi galego. Esta acción, deu lugar á alegría na grada deportivista, muda no período de empate polo que pasou o duelo galego.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

"TOCA MIRAR CARA ARRIBA"

O Deportivo da Coruña enfrontase nas próximas xornadas ao tramo máis complicado da tempada, no que se medirá aos rivales máis fortes da categoría, exceptuando ao líder da 2ª División, o Hércules de Alicante. O derbi galego, será un dos máis, senón o máis destacado entre a afición, a quen xa se lle foron vendidas cerca de 9.000 entradas.


Murcia, Celta, Elche, Almería, Valladolid, Numancia, Las Palmas e Xerez, equipos que en teoría deberían loitar a final de tempada polo ascenso, tanto directo coma no 'play-off', serán nas próximas xornadas rivais do Depor, que deixará claros os seus obxectivos tras estos enfrontamentos. De vencer a maioría dos duelos, os de Oltra estarían sen dúbida na cabeza da tabla, sen embargo, de perder a maior parte, os galegos caerían á parte máis baixa da clasificación. O primeiro partido, ante o Murcia, disputarase o Luns que ven, pechando a 12º xornada en Segunda, ás 21:00 horas na Nova Condomina. O duelo, que será televisado por Canal + Liga e Gol TV enfrontará a oitavo e séptimo clasificado, na dura loita que manteñen ambos para poder alcanzar os primeiros postos.
En canto ao derbi galego, que non se disputa dende o ano 2006, será arbitrado por López Acera, colexiado que dirixiu non hay moito o encontro que enfrontou ao Deportivo en Madrid ante o Alcorcón (4-0), e que expulsou de dobre amarela a Diego Colotto e Laure Sanabria. Os aficionados deportivistas, esperan dende logo, que o seu equipo non afronte o encontro ao igual que o disputado na capital de España.