sábado, 16 de abril de 2011

VAMOS QUE NOS SALVAMOS!

Forza Depor inicia unha das moitas campañas que se están poñendo en marcha neste momento decisivo da liga no que o Depor o terá moi crudo se quere continuar na mellor liga do mundo, xa que lle quedan uns dos partidos máis dificiles da tempada, como o son o do Barcelona, Valencia, Bilbao, Atletico, Hércules, etc... Por ese motivo, animamos a todos os nosos lectores a asistir este Domingo día 17 de Abril de 2011 ao Estadio Municipal de Riazor a animar a un Deportivo necesitado de puntos, que se enfrentará ao Racing de Santander, nun partido contra un rival directo. Esperase unha gran entrada, case coma o encontro ante o Mallorca de hai 15 días. Os xogadores blanquiazuis esperan o apoio incondicional da súa parroquia nunha das tardes máis trascendentais, que de seguro, influirá no posto final de ambos conxuntos. Dende FDB, animamosvos a acudir ao partido do Depor, do Depor de Primeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario