viernes, 27 de mayo de 2011

"OLTRA, O SUCESOR DE LOTINA"

Jose Luís Oltra, ex adestrador de Castellón, Levante 'B', Levante, Tenerife e Almería, será o sucesor de Miguel Ángel Lotina, que deixou o seu posto de traballo tras consumarse o descenso. O técnico valenciano ofrecerá un fútbol de toque pouco coñecido na Coruña, e moi traballado na selección española e no Barcelona. Oltra, foi xa alavado anteirormente pola prensa canaria, ao igual que agora, que según contaron é un crack tanto dentro como fora do campo. Trátase dun entrenador que se adapta as condicións da súa plantilla perfectamente, e coñece sen dúbida a categoría na que xogará o Dépor. Toda esta información, estámoslla ofrecendo de primeira man, xa que soamente dous medios a parte deste se atreveron a confirmalo seguro (Radio Marca Coruña, Cadena Ser). Outros diarios ou periódicos web, como Riazor.org, Marca, As, eldepor ou a mesma páxina do Dépor, Canaldeportivo, adiantaron o preacordo, non obstante non o confirmaron. Mañá, Augusto César Lendoiro, ten previsto dar unha roda de prensa ao redor das 19:00 da tarde para repasar a actualidade deportivista, entre a que seguramente inclua o acordo co adestrador levantino. A chegada de Jose Luís, pode traer tamén a varios xogadores á plantilla deportivista, como o son Bellvis, Aragoneses, Nino, Bertrán ou Ricardo León. Todos eles firmaron unha boa tempada no Tenerife, a pesar do moi posible descenso deste a Segunda B. En caso de que a Lendoiro lle saíse ben a xogada e o Dépor lograse subir, Oltra renovaría automáticamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario