O Real Club Deportivo da Coruña segue resistindo na súa loita pola permanencia, iso si, cun comodín sorpresa, Don Juan Carlos Valerón. O 'Flaco' volveu, e diso non hai dúbida entre os case 22.000 afeccionados que se desprazaron ao estadio municipal de Riazor, para animar o equipo dos seus amores, que tan mal rato está a pasar. Un once formado por Aranzubía, M.Pablo, Lopo, Colotto,Laure, R.Pérez, Juan Rodriguez, P.Álvarez, Andrés Guardado, Xisco e Lassad, abriu o partido na Coruña, que viviu a primeira metade con aburrimento, falta de fútbol e un gol fortuíto do Mallorca. Xa na segunda parte, produciuse o primeiro cambio nas filas branquiazuis, nas que Pablo Álvarez divisou o resto do encontro dende o banco, e Valerón dende o terreo de xogo, no que brillou con luz propia e deixou claro que non está rematado, nin moito menos. Pouco despues do inicio do segundo período, chegou a igualada do Deportivo, por medio de Xisco, que soubo aproveitar unha obra de arte do 'mago' de Arguineguín. O balear definiu sen problemas un gran pase entre lineas que caracterízan ao crack do Depor. Pouco despois, o ex do Newcastle, retirouse deixando o seu sitio ao xa recuperado, Riki. Máis tarde, preto do minuto 68, outro gran pase de Valerón, que se fixo unha lea entre os pés do dianteiro madrileño recén incorporado, chegou a botas doutro dos puntas do Depor, o franco-tunecino, Lassad Nououi, que cun tiro cruzado pechou o partido dun Depor qeu se vió obrigado a sufrir ata o final, despois de verse inmerso nunha pelexa con algúns xogadores do Mallorca, dos que o autor do seu único tanto, Piere Webó, se retirou expulsado polo colexiado do encontro, sen dúbida, do peor da liga española. Ao final, berros de xúbilo en Riazor, nunha tarde na que o primeiro equipo volveu encontrar apoio nunha afición de dez, que non deixou de animar ata o último minutos. Tamén se debe destacar a mobilización das moitas penas do Deportivo da Coruña (incluíndo os Riazor Blues) antes do partido, no que recibiron os xogadores como autenticas superestrelas á entrada do estadio.
Despois da tensa xornada vivida hoxe estes días por todos os xogadores da Liga BBVA, o Depor colócase nestes momentos de 16º clasificado, a cinco puntos do descenso no que ninguén quere caer. Polo momento, a Almería pecha a táboa con 26 puntos, tras perder co Athletic do Bilbao por 1-3. A liga, case decidida por arriba, mostra a súa versión máis tola pola parte baixa.
Andrés, a ver se o promocionas http://galegolab.org/proxecto-aberto/futbol-galego-futbol-en-galego/
ResponderEliminar