O Real Club Deportivo da Coruña suma e segue na súa loita contra as débedas. Augusto César Lendoiro encóntrase actualmente coa auga ao cuello, xa que o Atlas acaba de sacar á luz os supostos 5 millóns que poderían reclamar mediante un xuízo ao Depor. Segundo o presidente mexicano, o club coruñés debe esa cantidade polos traspasos de Andrés Guardado e Diego Colotto. Na entrevista na que a Voz de Galicia puido contactar co máximo mandatario do Atlas, este comparou a situación do seu equipo coa do combinado galego, e afirmou que intentou contactar con Lendoiro, pero este non os atendeu. O club mexicano pensa recorrer finalmente aos seus avogados para tratar o caso deportivista. Ambos os dous equipos estanse undiendo por culpa das débedas que os invaden, e esperan poder solucionar este asunto do mellor xeito posible.Este será un tema do que seguro, mañá se falará en Abegondo, onde corpo técnico e o primeiro equipo se citaron xa para empezar a preparar o posible partido contra o Mallorca en Riazor. Segundo se decida mañá, a liga xogarase o fin de semana, ou será suspendida.
ESPAÑA XÓGASE A CLASIFICACIÓN SEGURA NO CAMPO DE PATACAS LITUANO.
Os españois es españolas estarán hoxe de seguro atentos ao encontro que disputará a súa selección de fútbol, nun campo no que tranquilamente se podería cultivar patacas ou demais alimentos, xa que está 'pelado', é dicir, que apenas conta con herba, nin natural nin artificial. Non obstante, España debe ser o único lugar no que se pensa así, xa que tanto a FIFA como o colexiado do encontro de hoxe, deixou claro que se trata dun campo practicable, e peculiar, no que só hai queixa das gradas. Adestradores de Madrid, Barça, Athletic, M.City, Chelsea ou Villarreal estarán como moitos atentos ao que aconteza neste partido de clasificación para a Eurocopa de 2012, no que haberá riesgo de lesión entre todos os xogadores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario