jueves, 13 de octubre de 2011

"A VINGANZA ESTÁ SERVIDA"

O Deportivo tivo no día de onte a oportunidade de vengarse do Alcoyano, equipo que tumbou aos coruñeses na pasada xornada de liga. Pois ben, catro días despois daquel bochornoso 2-0 en Alcoy, o Estadio Municipal de Riazor foi testigo do cambio de guións entre ambos conxuntos, que repetiron un partido similar ao do pasado sábado, iso si, con maior posesión deportivista.

O partido comezou cun reparto claro de posesión entre ambos equipos, ata ben entrada a media hora de partido, concretamente no minuto 33', cando J.Dominguez estreaba a súa conta goleadora co primeiro equipo, despois de firmar dúas temporadas e media a cero. O caso é que metese ou non metese no pasado o canteirán blanquiazul demostrou que o seu disparo non ten nada que envidiar ao de moitos outros futbolistas cun perfil máis ofensivo. Un enorme pase de Juan Carlos -outro fabrilista- para Salomao, fixeron que o de Pontedeume culminara unha fermosa xogada combinativa dos de Oltra, que de novo tivo que presenciar o encontro dende unha cabina de radio.

Pouco cambiaron as cousas ata chegada a segunda parte, na que o Deportivo colleu máis ventaxa cunha enorme contra de Diogo Salomao, que acabou deixando intelixentemente para que Riki só tivera que empuxar o esférico cara as mallas.

Pintaban ben as cousas para os galegos alá polo minuto 70', mais pouco duraría esa felicidade, xa que tan so dous minutos despois, é dicir no 72', o Alcoyano recortaría distancias por medio do ex do Pontevedra, Gato, que sorprendeu cun precioso disparo de falta dende fora da área, a pesar da grande estirada de Germán Lux.

Non obstante, e a pesar da boa presión dos de Alcoy no último tramo do partido, o choque finalizou so coas malas novas para os coruñeses das lesións musculares que sufriron durante o partido Ze Castro e Cludio Morel, que tiveron que ser retirados por Colotto e Saúl respectivamente.

Por tanto, o Deportivo vence e convence ante 14.000 espectadores nun partido que foi clave para recuperar a confianza do equipo, e por suposto, pasar de ronda na Copa do Rey. O equipo de Oltra, que pasou a dezaseisavos de final, medirase esta vez a un conxunto de Primeira División, nun choque con ida e volta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario