sábado, 15 de octubre de 2011

"FDB EN ESTADO PURO"

A web coruñesa de ano e medio de historia, conta hoxe o seu percorrido da nada ate a actualidade. Andrés Díaz, presta tamén declaracións sobre o que está a ser un dos proxectos revelación no panorama deportivista online.


FDB, máis coñecida como Forza Depor Blanquiazul, é unha páxina web moi peculiar. Todo comezaba un tranquilo 7 de Novembro de 2009, na Coruña, onde FDB abría as súas portas como 'Forza Depor' a secas. Por aquel entón, o Deportivo da Coruña percorría os camiños da Primeira División como podía, despois da súa eliminación da Copa da UEFA.
"Ese foi o factor que nos animou a comezar con este fermoso proxecto" , comentaba Andrés Díaz sobre a orixe da páxina. FDB navegaba sen rumbo algún polo enorme mar de internet, algo que se quedou no pasado. Co tempo, a web galega comezou a tomar impulso, actualizando o seu espazo día a día, o máximo posible, o que fixo que se rexistrara un aumento significativo de visitas. Os partidos da Selección española, foron outras das novidades das nosas crónicas, mais despois dese inicio, optouse por seguir adiante centrados tan so no Deportivo da Coruña.
"Tamén é certo que FDB leva servindo información de primeira calidade case dous anos, nos que foi sempre, sen excepcións en Galego."  Efectivamente. Para moitos pode ser un dato calquera, sen embargo, a realidade mostra que FDB é actualmente a única páxina web activa en galego que trate temas do Deportivo, algo que fai ver o moito que houbo que traballar para chegar ata onde se chegou. Tan só a páxina web da Radio Televisión de Galicia, pode compararse neste sentido a Forza Depor Blanquiazul. Un estudo demostrou tamén recentemente que a maioría de españois pasa das webs en Galego, e inclusive algúns galegos incultos que pasan olimpicamente do idioma da súa terra.

Deixando a un marxe todo isto, e centrándonos de novo en FDB, debemos remontarnos a un ano atrás, para poder observar algúns dos maiores logros da web. Un 90º posto nos premios 20 Blogs, cando apenas se acababa de crear, fala moito do noso espazo, ao igual que o término de 'Excelente' blog, calificado en blodeldía.com.

En canto as redes sociais, ás que FDB está abonado dende hay un mes e medio, son xa 350 amigos en Facebook, 200 en Twitter e 100 en Tuenti, por non nomear outras importantes redes sociais no panorama mundial. Grazas a esta reacción dos lectores de FDB en Twitter, Facebook e Tuenti, a web en galego pode ser tamén noticia moi pronto de Depor Sport ou  a Opinión, coas que xa estamos en contacto.

Despois deste resumen, so nos queda intentar mellorar estes fantásticos números que grazas a vos, os lectores se están a conseguir. Un saúdo moi grande, e agora máis que nunca, FORZA DEPOR!

No hay comentarios:

Publicar un comentario