miércoles, 28 de septiembre de 2011

"FDB NO SEU MES RECORD"

Forza Depor Blanquiazul que leva tan so un ano e medio en funcionamento, acaba de rexistrar este mes a súa mellor marca en canto a lectores se refire. Esta web coruñesa acaba de contabilizar nas últimas estadísticas un total de 900 visitantes no que vai de mes, e de seguro, cóntase chegar aos 1000 a falta de dous días para o remate de Setembro. Moitos eran os que cuestionaban a nosa páxina, incluso algúns a daban por morta alá polo mes de Decembro, no que tan so se rexistraran 79 visitas en 20 días. Non obstante, a pesar de que o descenso foi un duro pau para todos os deportivistas, FDB sacou a parte positiva da situación, e non se rendeu ante a adversidade. Ese fatídico descenso no último partido, que tantas ilusións rompeu. Pois ben, a pesar diso, o noso espazo repúxose de contado e decatouse de que era o momento de apoiar ao Depor. Esa apasionante e emotiva historia, levanos ata o día de hoxe, no que todos estamos concienciados da volta do Depor a primeira, así como de FDB aos seus buscadores. Moi certo é tamén que as redes sociais axudan bastante a rexistrar máis visitas, xa que son cada vez máis usuarios de Tuenti, Facebook, Twiter, Becobook e Hi5 os que deixan a súa opinión no chat da nosa web, así como baixo cada entrada publicada. Se se segue nos próximos meses o ritmo alcanzado neste, FDB espera superar con creces as 3000 visitas por mes a finais de ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario