sábado, 22 de octubre de 2011

"O EFECTO 'OLTRA' DA RESULTADO EN CÓRDOBA"

O Deportivo, que demostrou un xogo máis atrevido que o do seu rival, e levou o peso do partido en todo momento, logrou tres valiosísimos puntos no seu camiño de cara ao ascenso. Os de Oltra, puideron por fin reivindicarse fora da casa, e superar en puntos a un rival directo.


Por fin Jose Luís Oltra puido celebrar unha victoria fora de casa, a pe de campo. O adestrador, que tiña retirada a súa licencia temporalmente polo conflicto que mantiña o clube coruñés co Vecindario, foi sorpresa de última hora no banquillo deportivista, xa que Lendoiro logrou solucionar o desacordo co equipo que milita en Segunda 'b'.

Afrontaba con gañas e ilusión o encontro desta tarde o equipo de Oltra, despois de perder fora de casa dúas veces seguidas, e de empatar co Nàstic en Riazor, máis que nada para cambiar a pésima imaxe dad nas últimas semanas. Pois ben, Salomao e Riki, serían os encargados de facer posible a suma de tres valiosos puntos, con dous fermosos tantos, que fixeron posible a derrota do Córdoba.

O partido comezou cun disparo de Riki que despexou Rubén, cunha grande estirada, acto que repetiría en dúas ocasións máis, nesa primeira parte. Guardado e Ayoze, serían en dobre ocasión os lanzadores cara a meta rival. Non obstante, o gardaredes do Córdoba, mostrou a súa mellor versión, chapando todos e cada un dos disparos deportivistas. Iso si, nada puido facer alá polo 32', cando Guardado deixaría a soas a Salomao co porteiro cordobés, despois dunha asistencia de libro, na que supera por alto a todos os mediocentros, e conseguiría crear por fin a ocasión de gol máis clara, que segundos despois convertiría Salomao, despois dun gran recorte, e unha fantástica definición.
A partir dese gol, a posesión foi total para o conxunto herculino, que dispuxo dunha ocasión máis antes do descanso.

Con 0-1 no marcador, todo parecía máis fácil para o Dépor, sen embargo, foi o Córdoba o que comezou forte a segunda metade, buscando continuamente un gol que puxera as tablas no marcador. E intentouno en numerosas ocasións, evidentemente sen premio. E, por incrible que pareza, o encontro continuou así ata chegar ao minuto 79', cando un xogador do Córdoba caeu na área pequena do Deportivo en dúas ocasións, non sinaladas polo colexiado, que acabou deixando seguir o xogo, o que fixo que Jesús Vázquez despexara un balón que recollería Riki para armar unha peligrosa contra que culminaría cun gol, marcándose un tunel ante o porteiro rival. A partir de aí, o partido parecía decidido para o Córdoba. Non obstante, non se daría por vencido ata o final do encontro. Finalmente, Saúl pecharía o partido cunha boísima ocasión so ante Rubén, que acabou desperdiciando.

Por tanto, tres puntos para un Depor de Oltra que mellora notablemente a súa imaxe, colocándose 5º na clasificación de Segunda División, encabezada polo Hércules, e pechada polo Nàstic.

No hay comentarios:

Publicar un comentario