domingo, 30 de octubre de 2011

"GOLPE DE AUTORIDADE"

A afición deportivista da un golpe de autoridade, demostrando en todo momento o seu afecto de cara ao equipo  blanquiazul, quen se viu obligado a remontar aos catro minutos de partido. Os de Oltra, que comezaron o partido cunha primeira metade para esquecer, remataron levándose os tres puntos que os sitúan no 7º posto da clasificación.


Efectivamente. Tras outra humillante derrota fora da casa ante o Cartaxena, o Deportivo... Ou máis ben a súa afición, da un golpe de autoridade, demostrando ser de Primeira nestes momentos tan complicados.
Todo apuntaba que sería un partido plácido para os herculinos, que se viron presionados seriamente polos seus fieis seguidores no comezo do choque cun constante 'Héchale huevos!, Depor, héchale huevos!, héchale hueevos...!', sen embargo, o duelo poñíase costa arriba para os coruñeses a catro minutos do pitido inicial, cando nun grave erro defensivo o Girona se facía co esférico, e D.Nieto definía cun disparo cruzado á perfección. O dito. Sen case chegar os cinco minutos, eran os cataláns os que tomaban o mando do partido, mentres que o Depor se adicaba a perder balóns no mediocampo, que sen dúbida non tivo o seu mellor día. De feito, ningún xogador deportivista tivo un bo día sobre o campo -no referido á primeira parte- , xa que algún centro á terra de ninguén de Salomao, Ayoze ou Guardado se perfilaban como únicas ocasións dos galegos. Iso sí, ata o gol de Riki, quen, alá polo minuto 28' poñía as táboas no marcador cun soberbio tanto dende fora da área, tras recibir unha asistencia do 'Mago' Valerón. Ese gol, supoñía unha pequena dosis de tranquilidade para a afición coruñesa, que acabou despedindo ao seu equipo no período de descanso entre grítos e pitadas.
Certo é que foi unha parte para esquecer, algo que na segunda non ía ser tan doado, pois comezaba forte o Depor cun par de achegamentos con perigo, mínimo, pero ao fin e ao cabo, perigo. Non obstante, nunha delas, Riki puido desequilibrar a balanza a favor dos deportivistas, nunha xogada na que grazas a un erro arbitral (nunca mellor dito, xa que o colexiado impactou co esférico cambiando por completo a súa traxectoria), Valerón permitiu a Riki disparar a placer só ante o porteiro... E... O certo é que sería máis fácil metelo que fallalo, pero como ben sendo habitual no dianteiro madrileño, fallouno. Foi un disparo moi elevado o que lle saiu ao de Aranjuez, que buscaba sen dúbida o largueiro, e acabou na bancada dos Blues. Pois ben, tras esa clarísima oportunidade, non foi Riki o executado, senon Salomao, que pareceu axfisiado en todo momento, e a pesar dos seus esforzos por recuperarse a tempo, nótase claramente que non está ao 100%.
Lassad e Saúl, cambiaron coa súa entrada ao terreo de xogo, o guión do partido, cun claro dominio local, e con ocasións de todas as cores. Nunha das primeiras, Lassad, no 72' aproveitou un rechace para facer o 2-1 cun disparo dende a raia da área grande, que acabou no fondo das redes do gardameta rival. Este tanto, foi celebrado con euforia, pola súa importancia e valor para a afición local.
Uns minutos máis tarde, cerca do 84', Laure batía de novo a Santamaría despois de recoller por segunda vez un rechace que antes de entrar rebotou na mallor parte dos xogadores presentes nesa xogada.
Non obstante, tan so tres minutos despois, sería Ayoze o que frenaría unha contra do Girona -a única nesta segunda metade- cometendo penalty sobre o atacante roxiblanco. Acto seguido, por tanto, sería Coro quen batiría a Aranzubía dende os once metros, e poñería a falta de tres minutos máis o tempo añadido, o 3-2 final.
En resumo, tres novos puntos que se quedan na casa, nun partido no que os 22.000 aficionados deportivistas puxeron a alegría e os xogadores, os goles. Aínda así, a imaxe dada no día de hoxe polo Deportivo, moito debe mellorar se o seu obxectivo non é outro que o de ascender.

No hay comentarios:

Publicar un comentario