miércoles, 14 de septiembre de 2011

"REPASO FDB"

Forza Depor Blanquiazul segue batendo records no seu paso polas redes sociais. A primeira mostra do afecto dos nosos lectores rexistrouse na rede social máis famosa e máis utilizada polos internautas, o Twiter. Despois dun mes rexistrado, FDB conta xa con nada máis nin nada menos que 100 seguidores, aos que día a día se lle van xuntando unha media de 8 usuarios. Toda esta expectación na principal rede social causada pola nosa web, foi debido aos nosos esforzos por facer de FDB unha páxina imprescindible nas vidas de todos os deportivistas, non so na Coruña, por suposto. A día de hoxe, a web coruñesa conta con lectores diarios de lugares máis alá da fronteira española, como é o caso dos nosos lectores estadounidenses, dos que FDB recibe a frioleira cifra de 62 visitas por semana. Outros como Rusia (11), Israel (6) ou Alemania (4) visitan a nosa web tamén semanalmente con moita frecuencia. No día de hoxe, por exemplo, 12 estadounidenses, 7 españoles, 2 mexicanos e 1 tailandés, foron testigos do crecemento da nosa web ao instante. En canto ás visitas mensuales dos últimos 30 días, as cifras elévanse a 399 lectores españois, 110 estadounidenses, 18 lituanos, 17 rusos, 10 israelíes, 10 holandeses, 7 alemáns, 5 peruanos, 3 chilenos e 3 franceses no último mes. Finalmente, nas estadísticas de lectores exóticos, atopámonos agora co listado de visitas totales dende a creación da web: 3.924 españoles, 832 estadounidenses, 156 polacos, 71 alemáns, 67 rusos, 64 mexicanos, 36 luxemburgueses, 34 canadienses, 33 franceses e 31 eslovacos completan a listaxe máis extensa de FDB.

Por outra banda, o Facebook, é xa o lugar onde Forza Depor Blanquiazul ten máis 'amigos', cun total de 161 usuarios que seguen a día de hoxe esta web coruñesa. Proximamente, FDB contará tamén cun Tuenti propio dende o que actualizará diariamente as novidades no panorama blanquiazul.

Tamén cabe destacar as visitas que recibe FDB desde cada navegador, dende a súa existencia. O maior porcentaxe, levao sen lugar a dúbidas, Google Chrome, cun 45%. Sígueo de cerca Internet Explorer cun 30%. Máis atrás quedan xa Firefox, cun 21%, así como Safari, Opera, Java, Jakarta Common-HttpClient, SimplePie, Version ou Mobile Safari, cun 1% cada unha.

En canto aos sistemas operativos, Windows lévase de lexos a palma cun 90% arroyador, mentres que Macintosh, cun 4% ou Other Unix cun 2% o siguen con moitos menos usuarios que visitan FDB. Linux, Iphone, Blackberry, Nokia, Android, Ipod e Ipad, son o resto de sistemas operativos, cun 1% respectivamente.

Unha vez sacados á luz todos estos datos, FDB agradece aos seus lectores o apoio mostrado neste ano e medio de vida da web, e espera, poida seguir presumindo deles durante moito tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario