jueves, 15 de septiembre de 2011

"FERNANDO DÍAZ, COLABORADOR EN FDB, GAÑADOR DO CONCURSO DE NARRATIVA REPSOL"

Fernando Díaz-Castroverde Gómez, axudante de corrección e colaborador oficial de FDB, acaba de ser premiado hai un par de horas con 9.000 euros pola súa gañadora participación no Concurso de Narrativas organizado por Repsol, grazas ao seu libro de microrelatos "Microbios e outros paquidermos". Neste recoñecido concurso, celebrado a nivel galego, chegaron a participar 40 importantes escritores, mais foi Fernando o elixido por distintos xuíces de categoría en Galiza. Un exemplo, é Fina Casalderey, quen falou maravillas do libro do noso axudante, que ata o de agora segue a responder á chamada de distintas emisoras de Radio, como a Radio Galega, Radio Voz ou a Cadena SER, así como fotógrafos do diario La Voz de Galicia, cos que se citou nunhas horas para ser fotografiado para sair na próxima edición deste periódico. Tamén o Ideal Galego ou A Opinión Coruña se fixaron no premio a Fernando Díaz. Non obstante, a exclusiva teraa a parte de FDB, a emisora coruñesa online, coa que estamos irmandados, Agüeiros FM. Os presentadores de Agüeiros terán en breve unha entrevista en exclusiva co xa coñecido escritor, que anteriormente xa gañara distintos concursos de poesía, o seu forte no mundo da escritura.

2 comentarios:

  1. Noraboa ó voso colaborador!E felicidades a FORZADEPORBLANQUIAZUL, cada día máis grande :) XD XD XD ...

    ResponderEliminar