martes, 13 de septiembre de 2011

"BANDAS DOÍDAS"

O Deportivo da Coruña, recén descendido a Segunda A, pareceu dar unha mellor imaxe neste inicio ligueiro, pero dende logo, hai un punto onde aínda non se solucionou nada con respecto á tempada pasada. E a verdade é que as lesións son un dos temas máis preocupantes -como de costume- da actualidade deportivista. Xa é normal contar con unha media de dous lesionados por partido, sen añadir aos xogadores que se deben retirar entre semana dos adestramentos por outra dor dalgún tipo. Pois ben, o motivo que nos leva a escribir este artículo é que a día de hoxe, a enfermería do Deportivo conta con oito xogadores tanto 'tocados' como con lesións máis graves. O factor do campo ao que máis afectou esta epidemia, é sen lugar a dúbidas a banda dereita. Efectivamente. Tras unhas longas e desesperantes catro semanas, o portugués, Bruno Gama, volve a recaer despois de quedarse fora da última convocatoria polos pelos. Mellor previr, que curar, certo, pero o do Domingo podería ter sido o debut de Gama na liga española, na que non poderá xogar ata polo menos en catro ou cinco semanas, nas que se lle realizará un novo examen médico. O futbolista luso, recaeu na súa rotura parcial do tendón do aductor medio da súa cadeira dereita, según informa canaldeportivo.com. En canto aos seus compañeiros de banda, a pesar de sufrir lesións menos graves, son duda para o partido do próximo Sábado, onde o Depor se enfrontará ao Sabadell. Pablo Álvarez, e Saúl Fernandez, arrastran molestias leves dende o final do partido do pasado Domingo. Cambiando totalmente de banda, na outra punta do campo atopamos a Ayoze, que a pesar de ter un esguince no seu tobillo dereito, podería contar para Oltra na próxima xornada. Pola súa parte, o último fichaxe do Depor neste mercado, Borja Fernandez, continúa co seu proceso de recuperación, e podería debutar este sábado no coliseo herculino. Os que non estarán seguro ese día, serán os recién lesionados, Riki e Manuel Pablo, a parte de Xisco, que será duda ata última hora, a pesar de que tamén acaba de recaer como o seu compañeiro atacante, e será sometido a probas médicas para determinar o tempo que permancerá no dique seco. Finalmente, o último 'tocado, é Diego Colotto, que se tivo que retirar do campo no partido ante o Barça 'b', no que según o seu adestrador, Jose Luís Oltra se retirou por precaución. Aínda así, o técnico valenciano poderá contar con el na quinta xornada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario