martes, 6 de septiembre de 2011

"DEPOR 0 - HÉRCULES 1: PRIMEIRO PAU DA TEMPADA"


Moitos foron os esforzos na segunda metade, certo, pero, foi na primeira na que o Depor regalou o partido ao seu rival. O Hércules de Alicante, que se perfila como un dos máximos candidatos ao ascenso, puidose ssaír coa súa, e levarse os tres puntos de Riazor. Os alicantinos, que gozaron tan so de dúas oportunidades -ambas no primeiro período- souberon rentabilizalas á perfección. Despois de intentalo por medio de Callejón, que intentou batir a Aranzubía por baixo, nunha mala saída do porteiro rioxano, chegou a acción que cambiaría por completo o guión do partido. Alá polo minuto 42, un contragolpe herculano acabou cun cabezazo de Abel Aguilar, á rede da portería deportivista. A partir de aí, e ata o final do encontro, o Deportivo foi amo e señor do balón, a pesar de que o conxunto dirixido por Jose Luís Oltra abusou moito do xogo aéreo. Remates constantes de cabeza, e un pau de Ze Castro a oito minutos do final, sellaron a inxusta derrota herculina, ante un Hércules que nada tivo que facer no segundo período ante a enorme pegada do equipo local. Tamén hai que destacar a peor parte do encontro, que foron as lesións dos xogadores do Deportivo. Riki, retirado no minuto 20, M.Pablo, no tempo de lecer, así como Pablo Álvarez e Xisco, que acabaron o partido con molestias musculares, non estarán ante o Girona este mércores en Copa. Colotto, Bruno Gama e Borja Fernandez, completan a lista de baixas para o encontro copeiro.

"BODIPO, DE DESCARTE... A TITULAR?!"

Podería ser a tarde de Rodolfo Bodipo, de feito, moitos creen que o será. Poucos teñen fe nel, diso non cabe duda, pero a pesar de que Oltra non contaba co sevillano, este mércores estará ante a oportunidade de demostrar que non é un dianteiro máis. Con Riki lesionado, e Xisco con molestias, o hispano-guineano do Depor podería ser da partida ante o Girona, xa que solo Lassad Nououi está en perfecto estado de forma. Outra opción que tería o adestrador valenciano sería alinear no once a algún dianteiro do Fabril, como Cubillas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario