O Deportivo da Coruña enfrontase no día de mañá a un equipo que sufriu a tempada pasada as mesmas consecuencias que o clube herculino. Moitos aseguran que ambos conxuntos ascenderan este ano, incluso a maioría os coloca favoritos nas casas de apostas, seguidos polo Celta de Vigo -ou en ocasións (como é a dos alicantinos) adiantados-. Ambos conxuntos vivirán unha xornada na que é moi importante sacar puntos, xa que unha ventaxa de tres, pode valer ao final un ascenso. Non obstante, e deixando a un marxe os puntos, Deportivo e Hércules enfrontanse nun partido plagado de baixas para os deportivistas, que non poderán contar con Andrés Guardado (que está concentrado coa súa selección en Barcelona para enfrontarse a Chile proximamente na cidade condal), Diego Colotto (sufre unha lesión muscular), Bruno Gama (lesionado), Borja Fernandez (lesionado), e os descartados, Claudio Morel, Diego Seoane e Rodolfo Bodipo. Esta longa lista de baixas podería afectar no plantexamento do partido, no que Colotto era o teórico titular hasta que se produxo a súa lesión, a última hora no adestramento. Non obstante, a longa plantilla blanquiazul, permitirá a Jose Luís Oltra dispoñer igualmente de recambios efectivos. Por tanto, esta é a lista de convocados para o partido de mañá contra o Hércules de Alicante: Aranzubía, Lux, Manuel Pablo, Ze Castro, Aythami, Ayoze, Rochela, Laure, Jesús Vázquez, Álex Bergantiños, Saúl, Valerón, Salomao, Pablo Álvarez, Juan Domínguez, Lassad, Xisco e Riki.
Ademáis, o equipo de FDB, aventúrase a descifrar o once que presentará o equipo de Oltra na tarde de maña:
Aranzubía
Manuel Pablo Ze Castro Aythami Ayoze
Jesús Vázquez
Álex Bergantiños
Saúl Fernandez Diogo Salomao
Juan Carlos Valerón
Riki
Mediante esta sencilla representación, FDB espera acertar o once titular que empregará mañá o Deportivo da Coruña. Esperamos que lles sexa de utilidade.
Esta terceira xornada deixaranos tamén os seguintes encontros a parte do que disputarán Depor e Hércules:
Villarreal 'b' - Sabadell --> Sábado, 18:00.
Huesca - Alcorcón --> Sábado, 18:00.
Xerez - Guadalajara --> Sábado, 18:00.
Almería - Girona --> Sábado, 18:00.
Elche - Murcia --> Sábado, 18:00.
Las Palmas - Alcoyano --> Sábado, 20:00 - Gol TV. e C+ Liga.
Valladolid - Córdoba --> Sábado, 22:00 - Marca TV.
Numancia - Gimnástic --> Domingo, 12:00.
Cartagena - Barcelona 'b' --> Domingo, 18:00.
Recreativo - Celta --> Domingo, 22:00.
No hay comentarios:
Publicar un comentario