jueves, 8 de septiembre de 2011

"CINCO GOLES, COMO CINCO SOLES"

Nada máis nin nada menos que cinco goles anotou o Depor na tarde de onte. A víctima dos herculinos foi desta volta un Girona que foi de máis a menos a medida que avanzaba o partido. De feito, os cataláns, adiantábanse no marcador aproveitando un grave erro da defensa do Deportivo, por medio de Dani Nieto, que definiu a xogada axustando un balón raso ao pau dereito da meta de Germán Lux, perto do minuto 4. Tras ese tanto do dianteiro do Girona, a reacción do público foi impresionante. As 20.000 almas que estaban preseciando o encontro, miraban, atentos con incredulidade como o club catalán se adiantaba no electrónico. Era posible que despois dunha pretempada impoluta, unha reacción da afición impensable e unhas ilusionantes incorporacións, o Real Club Deportivo da Coruña estivese na situación de perder contra o Hércules en liga e Girona en Copa? A resposta, sen dúbida era non. E así foi. Sete minutos despois do gol de Nieto, Lassad inauguraba a súa conta goleadora en partido oficial nesta temporada co Depor. E faríao tras un bo centro de Saúl, que tocou lixeiramente a bota do dianteiro franco-tunecino, para empuxalo ata o fondo da rede. A esa hora, ás 20 horas e 11 minutos, Dani Mallo, que regresaba á súa casa, recollería por primeira vez o balón do interior da súa meta, acción que tería que repetir catro veces máis. Despois dese gol, mantivéronse as tablas ata o minuto 65, no que un santo saltou ao terreo de xogo coa elástica blanquiazul. O ilustrísimo, Don Juan Carlos Valerón Santana, sen dúbida e xunto a Lassad xogador do partido, non ten precio. Moitos daban a súa carreira por finalizada, sen embargo el demostrou na tarde de onte que nin moito menos está cerca da retirada. O que é seguro é que lle fará un gran favor ao mundo do fútbol de seguir dando asistencias como as de onte. A realidade é que o primeiro balón que tocou o 'Flaco', acabou en gol. Claro está que desequilibrou o partido, sendo superior aos seus rivales e adiantándose ás súas xogadas. As botas de Valerón tocaban o primeiro balón no día de onte, e convertíano nunha fermosa asistencia para o goleador do partido, Lassad. E así foi o resto do duelo, no que se destaca outro gol máis de Lassad alá polo minuto 70, nunha fermosa xogada convinativa entre Valerón -como non- el o pichichi na Copa. Catro minutos despois, un centro que acabou no fondo das mallas empuxado por un defensa do Girona, despois de ser rozado por Lassad (a quen o árbitro cedeu o gol) senteciou o partido a favor dos coruñeses. Finalmente, para rematar a goleada e facer a famosa 'manita', apareceu Diogo Salomao, despois de interceptar un enorme pase de Guardado entre liñas, e batir tranquilo ao cambrés do Xirona. Tamén se pode destacar unha última acción de Bodipo, quen despois dun regate imposible acabou no chan pedindo un penalty pouco claro. 5-1 para un Depor, ao que emocionado se sumou Dani Mallo (Cambre, 1978) aplaudindo no medio do campo á que fora a súa afición dende os 16 anos. Por tanto, 5-1 para o Depor, e á seguinte ronda!

No hay comentarios:

Publicar un comentario