domingo, 11 de septiembre de 2011

"GUARDADO E LASSAD DAN TRES PUNTOS AO DEPOR"

O Deportivo da Coruña sacou petróleo na súa visita de hoxe ao Barcelona 'b', ao que lle anotou tres goles. O resultado final foi de 2-3 para os coruñeses, cifras conseguidas grazas aos dous primeiros tantos de Lassad, e ao increible gol de Andrés Guardado dende o centro do campo.

O partido comezou sen dúbida con posesión total para o Deportivo de Oltra, que tivo que ver o encontro dende o palco presidencial, xunto ao seu segunda Chema Sanz, Lendoiro e o presidente do Barcelona, Sandro Rosell. Valerón, que dirixía o partido xunto a Guardado, demostrou unha vez máis a súa calidad e calma, á hora de definir na primeira xogada, na que anotou un tanto posteriormente invalidado polo xuíx de liña, no que o canario driblou a dous xogadores blaugranas, e batiu ao porteiro do Barça, Rubén Miño, coa calma propia dun futbolista da súa categoría. Tras esa xogada, chegou o primeiro gol do Deportivo, por medio de Lassad que finalizou de cabeza un espectacular centro de Guardado, que acabou participando en todos os goles. Un par de ocasións do Depor, e algunha chegada sen perigo do Barça 'b' foron algunhas das máis destacadas ocasions por parte dos dous conxuntos antes do segundo tanto do franco-tunecino. Un roubo de Guardado, e un lío do propio xogador, permitiron que Lassad Nououi disparara levemente o balón que lle pasou por debaixo das pernas ao meta azulgrana antes de entrar na portería. Con dous a cero no marcador, e cun Depor máis tranquilo, produciuse o cambio de Ayoze, por Saúl, xa que o futbolista tinerfeño acababa de esguinzarse o tobillo esquerdo nunha xogada posterior ao gol. Logo dun achegamento do equipo de Eusebio Sacristán, Guardado culminaba unha contra do Depor, cun soberbio tanto dende a liña do medio do campo, ao ver que o guardameta barcelonista, Miño estaba algo adiantado, o suficiente como para anotar o mellor gol da xornada en España, tanto en Segunda como en Primeira, así como no resto de Europa.

Tras os tres goles do Deportivo, chegaría aínda na primeira parte, o único gol catalán do primeiro período. Chegaría por medio de Rodri, que soubo executar á perfección un disparo á meta de Dani Aranzubía, na que encontrou un oco vació á dereita, onde o porteiro rioxano non puido chegar.

Xa na segunda metade, o Depor tivo que estar contra as cordas a maioría do tempo, debido á chegada da perla da canteira barcelonista, Deulofeu, que foi o xogador que máis apretou, ao principio a Guardado e finalmente a Colotto, quen saiu substituído por precaución. Rafinha, do Barça b, firmou o último tanto blaugrana, nun final fatídico para o Depor, que puido pagalo caro nunha última acción de Rodri, que non puido chegar a tocar un balón cantado ante Aranzubía. Ao final, 2-3 para un Depor que a estas horas se coloca no oitavo posto da clasificación cos mesmos puntos que Celta, Hércules e Xerez. O próximo partido, en Riazor ante o lider de Segunda xunto o Elche, o Sabadell. Con 9 puntos, o conxunto catalán confirmase como a revelación da campaña, tras ascender de Segunda b.


No hay comentarios:

Publicar un comentario