sábado, 10 de septiembre de 2011

"DUELO DE ESTILOS SIMILARES"

Pode que moitos opinen a tan so 24 horas para o partido que enfrontará ao Deportivo co Barcelona 'b', que o conxunto da cidade condal é tan so un filial. E o certo é que razón non lles falta. Sen embargo non é un 'b' calquera, porque mañán ás 20:00 horas, o Depor estrenarase fora da casa en Segunda nesta tempada, nun campo onde moitos caeron polo camiño. De feito, o Barcelona 'b', foi o equipo revelación da pasada campaña en Segunda, así como o 3º mellor clasificado. Sen embargo, non todo van ser malas novas para o equipo coruñés, xa que o seu rival non conta co seu máximo artilleiro, Jonhatan Soriano, que estará de baixa cerca de dúas semanas, as mesmas que o seu compañeiro ao que quixo o Depor no seu día, Muniesa. Non obstante, o Barcelona 'b' conta cun forte potencial e moita calidade, calidade que aportarán seguro as dúas perlas da canteira blaugrana, Deulofeu e Grimaldo. O primeiro, acaba de proclamarse campeón sub 19, coa selección española, así como campeón de Copa do Rey juvenil co Barcelona, onde se tivo que enfrontar ao Xuvenil herculino. En canto a Grimaldo, so queda decir que é sen ningunha dúbida a perla da Masía, a pesar de ter tan so 15 anos. Eso non foi ningún obstáculo na súa participación a pasada xornada ante o Cartaxena (0-4).

No referido á actualidade deportivista, podemos adiantar xa a lista de convocados para o encontro de mañá:

Aranzubía, Lux, Laure, Colotto, Aythami, Ze Castro, Ayoze, Rochela, Bergantiños, Jesús Vázquez, Saúl, Valerón, Salomao, Pablo Álvarez, Juan Dominguez, Andrés Guardado, Lassad e Xisco.

Por outra banda, os lesionados Manuel Pablo, Riki, Bruno Gama e Borja Fernandez non contarán para Oltra nesta cuarta xornada, así como os descartados Bodipo, Seoane e Morel.

As grandes novidades na lista desta xornada, son Xisco, Colotto e Pablo Álvarez, que se perderon o anterior choque por lesión. Bruno Gama, pola súa parte, que apuntaba a titular no partido de mañá, non poderá finalmente xogar no Mini Estadi.

O partido será mañá Domingo ás 20:00 horas, en directo por Canal +, dende o Mini Estadi (Barcelona).

No hay comentarios:

Publicar un comentario