jueves, 15 de septiembre de 2011

"O ALCOIANO, DE COPAS POLA CORUÑA"

O Alcoiano saiu elixido no día de hoxe por sorteo para enfrontarse ao rival máis temido da categoría, o Deportivo. E farao en Riazor, onde lle será moi complicado saírse coa súa, pola dificultade que crea xogar nun campo desas caaracterísticas. Os de Alcoy, recén ascendidos a Segunda A, non se atopan no seu mellor momento, xa que de catro partidos disputados so puideron sacar un punto. Por mor dese penoso balance, os valencianos atópanse agora no decimo oitavo posto da clasificación, por diante do Nastic, Huesca, Murcia e Cartaxena.

Pola súa parte, o Celta de Vigo con quen moitos coruñeses desexaban ser emparellados, disputará a partido único ante o Valladolid, tamén en casa, é dicir, Balaídos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario