martes, 20 de septiembre de 2011

"DUELO PARA VALENTES"

O vindeiro Sábado o Deportivo vivirá sen lugar a dúbidas, e como ben dixo Aranzubía, un encontro 'típico' de Segunda. E a realidade é que o duro camiño cara o ascenso pasa antes por vencer en Santo Domingo, un campo do que poucos equipos lograron saír cos tres puntos. Por ben, precísamente iso será o que intente o Depor este fin de semana, no que non poderá contar con futbolistas importantes para o equipo como o son Manuel Pablo, Riki, Bruno Gama, Pablo Álvarez ou Saúl, que continúan co seu proceso de recuperación nas súas respectivas lesións. Aos dous primeiros esperanlle aínda dúas semanas máis para poder estar ao cen por cen, mentres que Bruno Gama tardará máis en debutar co Depor, xa que en tres semanas se lle deberán facer máis probas e así determinar con exactitude o seu estado. Pablo Álvarez e Saúl, pola súa parte remataron partido ante o Barcelona 'b' con molestias, o que os manterá alexados dos terreos de xogo como mínimo unha xornada máis. En canto ás altas, o equipo de Jose Luís Oltra poderá contar xa con Borja (que superou a súa lesión, e espera poder entrar na convocatoria), Aranzubía e Lassad (ambos acabaron con molestias na última xornada). Finlamente, Diogo Salomao será a única duda para o Alcorcón-Depor, xa que unha sobrecarga podería alexalo da lista de convocados do adestrador valenciano. Que lle deparará ao Depor esta nova xornada en Madrid? Saberémolo moi pronto, coas cámaras da G2 como testigo.

"FDB ALCANZA NESTE INTRE OS 200 AMIGOS EN FACEBOOK"


Forza Depor Blanquiazul alcanzou hai escasos minutos a cifra de 200 amigos en Facebook, en tan so tres semanas rexistrado nesta rede social. Unha colaboración increíble dos aficionados deportivistas, que se están volcando coa única web en galego do Deportivo, resultou determinante á hora de dar estas cifras. Entre todos estos usuarios, podemos encontrar a algún que outro xogador do Deportivo da Coruña, así como webs de renome en internet como por exemplo www.somosdepor.com, e demáis medios de comunicación que cubren ao igual que nós a actualidade deportivista.
En canto ao noso Twiter, nas últimas horas alcanzouse un total de 135 seguidores, dos cales 35 se uniron á nosa familia da rede social nesta semana. A semana que ven, FDB espera poder superar os 150 en Twiter, así como os 250 en Facebook.

No hay comentarios:

Publicar un comentario