lunes, 19 de septiembre de 2011

"POLO BO CAMIÑO"

O Deportivo segue co seu longo camiño pola Segunda División, de novo, con victoria. Os de Oltra conseguiron desta volta unha importantísima victoria ante un dos lideres actuales. O Sabadell, sufriu a típica novatada do recén ascendido despois de vencer a maioría dos seus encontros. Non obstante, os cataláns, demostraron saber  ao que xogan, cun fútbol moi elaborado. Nada máis nin nada menos que 3 largueiros foron dos que dispuxeron os de Sabadell con 0-0 aínda. A pesar deste preocupante dato, foron sen dúbida os coruñeses os dominadores da Primeira parte, na que no tramo final anotaron dous fermosos tantos. Juan Carlos Valerón no 40' e Andrés Guardado no 45', adiantaron ao Depor no marcador cando tan so quedaba o minuto de desconto para dar paso ao descanso. O tanto do grancanario, deuse tras unha recuperación do Depor, un enorme pase de Lassad, e un sprint do 'Flaco', que correu canto puido ata plantarse ante o porteiro e batilo colandolle o esférico entre as pernas. En canto ao gol do mexicano, Guardado, un largo pase de Laure cara Salomao, fixo que o portugués puxera o centro raso pasado perto do segundo pau, e así o internacional da tricolor puidera 'in-extremis' lanzar o balón cara a porta, e entrase despois de que o meta De Navas o empurrase por error. Logo, xa na segunda parte, a posesión pertenceu a maior parte ao equipo catalán, o que deu lugar ao gol de Baha, un dos cambios dos arlequinados. O ex malagueño, puido batir a Aranzubía dende o borde da área grande, tras un fallo de Aythami. Os últimos minutos, desesperantes para os coruñeses, xa que a piques estiveron de escaparse dous puntos do feudo herculino. Non obstante, a boa actuación de Salomao e o reencontro de Juan Carlos Valerón co gol, deixaron moi boas sensacións, o que demostra que o Deportivo vai sen dúbida pola bo camiño.

"FDB COS BLUES"


Nas últimas horas, FDB foi informado por medio dalgún estudante do IES David Buján de que proximamente, varios alumnos de 3º de ESO crearán un novo cántico xunto a unha das súas profesoras para que os Riazor Blues lle poñan voz nos próximos encontros. Seguiremos informando proximamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario