jueves, 1 de septiembre de 2011

"FDB FINALIZA A SÚA PRIMEIRA ENQUISA"

Esta web, que levaba preparando a súa reapertura dende hay meses, deu por finalizada hoxe a súa primeira enquisa quincenal, na que se lle preguntaba ao usuario cal foi a fichaxe máis acertada do club. Pois ben, onte ás    00:00 horas, a enquisa pechou, cun total de 17 votos en 15 días. As opcións para responder que marcaba a web, eran todas as novas caras do Depor 2011/12 coa excepción de Borja, que fichou non hay demasiado polo club coruñés. Ayoze, a primeira resposta, levouse un 11% dos votos, é dicir, dous votantes, ao igual que Salomao. Pola súa parte, Germán Lux, que veu ao Depor como teórico suplente, non conta para os lectores de FDB, con cero votos, mentres que Xisco se levou o 17%, con 3 votos, os mesmos que Jesús Vázquez. Ambos quedaron non obstante por debaixo da aplastante cifra da fichaxe estrela deste novo Depor, Bruno Gama, que finalizou a enquisa co 41% dos votos, o que equivale a 7 votantes. Cada quince días, esta web acollerá unha nova enquisa na que cada lector poderá escoller unha única opción. Ao final de cada unha, informaremos dos seus resultados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario