martes, 16 de agosto de 2011

"TERAPIA DE GOL"

O dianteiro do Real Club Deportivo de A Coruña, e cuarto capitán do equipo, Iván Sanchez Soto 'Riki', afronta a súa cuarta etapa como punta herculino, na que espera, se vexa a súa mellor versión. Non cabe duda de que nesta espectacular pretempada o de Aranjuéz estivo acertado de cara a porta, non obstante, os tres fallos do pasado Domingo ante o Sevilla, a portería vacía dan moito que falar. O máis claro, chegou no minuto 16, cando Valerón se liberou da defensa rival para deixar a Riki so ante o porteiro, para que este o esquivase cunha baselina, e finalmente disparase, pero fora. En efecto, o balón tocou o pau, mais esa é a diferencia entre un gol, e un saque de porta. É posible que moitos critiquen a Riki por este imperdoable erro e as outras dúas claras ocasións fallidas, sen embargo, o público respondeu ao seu esforzo cunha enorme ovación. Destes aplausos, e sobre todo desa xogada, falarían onte sen dúbida o psicólogo do club, Macario Bravo e o atacante madrileño. Ambos mantiveron unha conversación sobre os goles de Riki nesta pretempada, e suponse, tamén do fallo do Teresa Herrera. O diálogo entre xogador e preparador, prolongouse durante quince minutos, que mantiveron a Riki alexado do campo de adestramento, ao que saiu de novo ao rematar para facer carreira contínua. Nótase dende xa hay anos que o Deportivo non ten a mellor dianteira, non obstante, as estadísticas están para rompelas, non?


No hay comentarios:

Publicar un comentario