lunes, 22 de agosto de 2011

"21.799 ABONADOS... E OS QUE ESTÁN POR CHEGAR"

Os aficionados do Real Club Deportivo da Coruña seguen batindo records co seu apoio incondicional e compromiso, xa que son 21.799 os socios que ata o de agora se deron cita nas oficinas de atención ao socio, en Riazor para retirar o seu abono anual. Entre eles destaca o socio número 1º, Don Pedro, que as viu de todas as cores desde que naceu, como por exemplo a etapa do Deportivo en Terceira División. Pero non so os hay con experiencia, senon que outros como Teo Calvo Míguez se estrean este ano como abonados deportivistas, a pesar -no caso do xoven herculino- da súa corta idade (un mes escaso). A realidade a estas alturas de que de comezo a liga, é que o Depor, recién descendido conta este ano con máis abonados (21.799) que o ano pasado (21.300). Por tanto, o clube herculino supera a diversos equipos da Primeira División en números, así como de Segunda, a súa actual categoría. De feito, os seus perseguidores máis cercanos de Segunda, están sendo duplicados polos abonados deportivistas. O Celta, con 10.000 é segundo nesta clasificación, mentres que o Murcia (9.440), o Las Palmas (9.000) e o Xerez (8.500) completan o top 5 de socios na división de plata do fútbol español. Así pois, o Depor espera seguir con este ritmo de socios para poder chegar de novo ao máis alto do fútbol español. Tanto esta semana como a seguinte serán determinantes á hora de completar a tasa de abonados, na que se espera poder pasar dos 22.500. En canto ás casas de apostas máis coñecidas, como Bwin, 888 Sport, ou Betclic tamén ven aos blanquiazuis como os máis fortes da categoría, seguidos por Almería e Celta. Esta a piques de comezar unha nova era, a era da resurreción, donde haberá que ter máis Fe no Depor que nunca.


"A LIGA, NO AIRE"

A liga española de Primeira e Segunda División segue no aire, despois de que na última reunión acabada de celebrar non se chegara a un acordo entre LFP e AFE, despois de dúas horas de runión, según nos informan polo twiter. O Cartagena-Depor, que iba ser disputado este fin de semana, tivo que cambiarse pola folga, mentres que o seguinte partido en Riazor, ante o Huelva, pode seguir en pe, de chegarse pronto a un acordo. De ser así, o Deportivo da Coruña contaría co factor campo que tanto o axudou a pasada campaña, xa que non sería un nin dous partidos os de Riazor (seguidos), senon que tres encontros se xogarían no feudo herculino. O do Recreativo de Huelva, o do Hércules, e finalmente o do Girona en Copa, favorecerían a un Depor, que de haber folga unha xornada máis, podería contar con todos os seus efectivos para o Depor-Hércules. De feito, Ayoze falou esta mañá polos micrófonos de Radio Marca, dando a súa opinión sobre o tema dos tres encontros seguidos, cousa que, asegurou, non lle pasara nunca. Tamén quixo alertar á afición de que non so o fútbol de toque devolverá ao Depor a Primeira: " Xogando bonito non te levas sempre os tres puntos", asegurou o lateral tinerfeño. Tamén quixo añadir que hay que aproveitar os encontros de casa: " Fora da casa será complicado vencer, así que penso que debemos aproveitar os partidos en Riazor. Hay que agarrar os de casa", explicou entre risas. 
Pola súa parte, Rodolfo Bodipo atendeu na mañá de hoxe aos medios na roda de prensa posterior ao adestramento, na que non quixo falar da súa situación, ata que os periodistas comezaron a interrogalo sobre o seu futuro. O ariete sevillano dixo sentirse coma un coche vello, é dicir coma se non servise xa para poder xogar. As palabras de Bodipo están causando sensación na rede, xa que en Twiter ou Facebook, moitos profesionais aseguran que o Cartagena vai a por Bodipo, algo que ata o de agora era unha incognita. Tamén Guardado pode saír nos próximos días en busca de equipo, xa que o Borussia Dormundt ou Valencia (despois da saída de Mata) están moi interesados en contratar ao mexicano. Pola súa parte, Rubén Pérez, non asistiu ao adestramento desta mañá en Abegondo, despois de que o club lle dera permiso para faltar. O outro implicado na operación do centrocampista sevillano, Borja Fernandez, asegurou no día de onte que decidiu parar coas operacións e non xogar no Deportivo, dende o seu Twiter. Moitos dan a operación por pechada pero outros, contan coa continuidade de Rubén nas filas deportivistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario