lunes, 15 de agosto de 2011

"O DEPOR PERDE DE NOVO O TERESA HERRERA DENDE OS ONCE METROS"

O Sevilla C.F. fíxose na noite de onte co trofeo Teresa Herrera, celebrado no Estadio Municipal de Riazor, ante a mirada de case 14.000 persoas asistentes. Era de esperar, que o número de asistentes se reducise bastante, xa que o Real Madrid disputaba ante o Barcelona a ida da Supercopa de España no Bernabeu (2-2), por tanto, iso provocou un descenso claro de espectadores. Aínda así, como dicía o guión, ambos equipos saíron decididos a pola victoria, sen embargo foi o Deportivo o que máis ocasións tivo para perforar a meta rival. De feito, fixoo, e ben cedo. Apenas corría o minuto cinco da Primeira metade, cando Iván Sanchez Soto 'Riki', adiantaba aos herculinos, tras unha recuperación de Bergantiños, un maginfico pase de Valerón, e unha gran asistencia de Bruno Gama, dende o borde da área, para deixar só ante o porteiro ao madrileño, que definiu con moita profesionalidade. Despois desta acción, todas as xogadas que ían chegando, pertencian ao equipo blanquiazul, que debutaba na pretempada en Riazor, ante un público que aplaudía cada acción con perigo dos seus. Non obstante, a posesión foi diminuíndo por mor da lesión no minuto 28 de Bruno Gama, que saiu do campo por un tirón, que se puido observar ao realizar sprints pola banda, cousa da que se doía cada vez que perdía un balón. Pable Álvarez, foi o encargado de tomar o relevo, xa que Saúl non foi convocado pola lesión sufrida no pasado encontro, ante o Oviedo. Así pois, o Depor, doño absoluto do esférico permitíase o luxo de fallar ocasións cantadas, dúas delas a portería vacía, nas que casualmente, errou Riki. A primeira, chegou despois dunha xenialidade de Valerón, que deixou a Riki só ante o porteiro, a quen esquivou enviando o balón por enriba del, para plantarse ante a portería vacía e... Fallar. O balón, que rozou o pau, convertiuse nun saque de porta en lugar de gol. Aínda así, o público recoñeceu o esforzo que conlevara esa xogada, e respondeu amablemente cunha grande ovación. Alex Bergantiños e Jesús Vázquez, foron do que restou de primeira parte e da segunda, o mellor dun Depor que chegou a xogar con dous dianteiros á desesperada, ante o empate do Sevilla por medio de Coke, no minuto 85. Iso, transformou o partido nunha tanda de penaltis, da que o Depor non saiu con vida. Xisco, recién chegado, e Colotto, fallaron os seus respectivos disparos, e a 66º edición do Trofeo anual Teresa Herrera, voa nestes instantes cara as vitrinas sevillistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario