Certo é que os titulares de onte, serían suplentes en calquer partido oficial, non obstante, o rendemento, non agradou a afición, nen ao adestrador. De feito, moito sufriron os blanquiazuis, ante un Terceira, como o é o Racing de Ferrol, que se poñía por diante no marcador cerca do minuto 10 de partido, grazas a un gol de Gustavo, que souvo aproveitar moi ben un despiste de Rochela (moi verde nesta pretempada), e así, batir ao meta juvenil do Depor. Logo desta xogada, Juan Carlos, fabrilista a probas co primeiro equipo, poñía emoción ao choque ao mandar un balón ao travesaño. Despois destes bos cinco minutos do Depor, Lassad, demostrou a Oltra a falta que fai a chegada dun '9' (xa o hay) á plantilla herculina, xa que o franco-tunecino, estivo desaparecido nun partido no que debería ter destacado como o que máis. Xa na segunda metade -dominada polo Depor, nos dez primeiros minutos- o equipo de Oltra veuse abaixo, cousa que o equipo local aproveitou para chegar con máis perigo á área de David Gómez. O resto da historia, xa é coñecida por todos. Un pouco de fortuna, e a chegada de Bruno Gama e Riki ao campo, deulle fluidez a un Depor que venceu ao seu rival na tanda de penaltys, grazas a dúas paradas espectaculares de David.
XISCO, O '9' QUE OLTRA BUSCABA.
Fíxose de rogar, pero finalmente, o Newcastle, equipo ao que pertence Xisco, accedeu a ceder de novo por unha campaña ao dianteiro balear ao Deportivo de Oltra. O ariete deportivista, pasou na mañán de hoxe o recoñecemento médico, e será presentado en breve.

No hay comentarios:
Publicar un comentario