Esta semana parece estar sendo vital no futuro do Real Club Deportivo da Coruña, xa que se trata duns días de despedidas, é dicir saídas por todos lados. Se non me entenden a min, que llo pregunten aos socios con asentos en Pabellón Inferior, no que xa non contarán cunha rede que lles impida alcanzar balóns desviados, ou simplemente, disfrutar do fútbol cun mellor campo de visión. En efecto, neste caso, trátase dun adeus afortunado para moitos... Sen embargo, existen outros tipos de marchas ou saídas, como por exemplo -por moi incrible que pareza- a desgraciada saída de 'Seo'. Seoane, que ata o de agora entraba nos plans de Oltra, correrá a mesma sorteo que o seu compañeiro, Raúl García, ao ser víctimas da mala sorte, da mala situación económica do Depor, e de Claudio Morel. O internacional paraguayo, que quedou descartado nas primeiras semanas de adestramento, contará finalmente cun dorsal na plantilla deportivista, ao darse o caso de que non aparecese ningún equipo interesado nel, e o Deportivo non conte co diñeiro suficiente para cubrir os gastos que supoñerían a súa marcha, xa que Morel non está disposto a abandonar a disciplina banquiazul, e a resignarse a un ano sen sueldo. Desafortunadamente, a vida é así, ao igual que o fútbol a quen moitos condena, sen motivo aparente. Non obstante, esta noticia non está de todo confirmada, xa que un comprador a última hora, podería rematar coas dores de cabeza do técnico valenciano, que sufre ao igual que todo o deportivismo, pola inxusta situación de Diego Seoane.
RACING DE FERROL - DEPORTIVO
O Deportivo, que leva toda a pretempada invicto, intentará prolongar esa racha na tarde-noite de hoxe, na que se enfrentará ao Racing de Ferrol en A Malata, como motivo do trofeo 'Concepción de Arenal'. Neste derbi provincial, o Depor poderá medir as súas forzas ante un rival que non hay moito disputaba (como é agora o caso do Depor) a Segunda División. O encontro dará comezo ás 20:00 horas da tarde, e según fontes de información cercanas a nós, será retransmitido en directo polo programa da Radio Galega, 'Galicia en goles', ao igual que en outras webs como riazor.org ou eldepor.com, que darán o partido mediante comentarios. Mañá publicaremos nós tamén a crónica do partido.

No hay comentarios:
Publicar un comentario