FICHAXES:
Ayoze Díaz: Lateral con experiencia suficiente para xogar nun club como o Deportivo. Del, espérase un digno sucesor de Filipe Luís, que deixou abandonado o lateral esquerdo dende a súa marcha ao Atlético.
Jesús Vázquez: Mediocentro ofensivo con máis de seis anos de experiencia en segunda. Aportará ao equipo fluidez, e xogo rápido.
Diogo Salomao: Zurdo que se pode manexar na banda esquerda á perfección. Podería ser suplente, ou titular, dependendo de como evolucione Guardado.
Bruno Gama: Portugués diestro que se entende ben en ambas bandas, especialmente na dereita. Apunta a titular despois de deixar goles, asistencias e máis detalles nesta pretempada.
Germán Lux: En principio ven como suplente de Aranzubía, sen embargo, podería gañarse a confianza do técnico en partidos de Copa, ou incluso Liga.
Xisco: O ariete balear ten coñecemento suficiente do club, ao igual que o club del. A súa misión será asegurar o gol, e ser o 'Killer' do equipo.
SAÍDAS:
Juan Rodriguez: A súa baixa era coñecida dende mediados de tempada. O seu destino, Xetafe.
Alberto Lopo: Ao igual que o seu compañeiro, o defensa partiu cara Madrid para vestir o azulón.
Antonio Tomás: Actualmente non conta con equipo, sen embargo, o Racing parece moi interesado nel.Juca: Rematou contrato co equipo, e actualmente non pertence a ningún club.
Desmarets: Non rendiu o suficiente, e o Depor decidiu non renovalo.
Rindaroy: Voltou ao seu equipo, o Molde noruego. No Depor, non xogou.
Javito: Non chegou a vestir a zamarra blanquiazul. Agora, atópase no Olimpiakos.
Manu: Foi fichado polo Recreativo de Huelva, que tamén buscará o ascenso.
Adrián: O seu destino, o Atlético, no que tamén se atopou con Filipe Luís.
Raúl: Marcha cedido ao Melilla, de Segunda 'B'.
DESCARTES:
Rodolfo Bodipo: O guineano non conta para Oltra, pero podería ter ficha co equipo se non atopa club.Claudio Morel: O mesmo sucede con el, exceptuando o caso de que fose fichado antes do final de Agosto.
Iván Pérez: Foi descartado en seguida. Non conta para Oltra nin ten equipo.
Así está o panorama blanquiazul a unhas semanas do comezo da competición ligueira. Exceptuando a posible saída de R.Pérez, todo apunta a que quedará así ata o 31 deste mes.
"O NOVO FDB, EN MARCHA"
Como seguro moitos lectores percibiron xa, FDB, atópase en obras, xa que ao longo destes días se están realizando unha serie de cambios na web, moi significativos. A nova cabeceira, o logo, o chat, os partidos comentados en directo, os novos colaboradores, a remodelación das pestañas, a eliminación de algúns gadgets e widgets, ou as enquisas (nas que xa se pode votar), son algúns dos cambios xa realizados, e todo apunta a que se seguirán facendo ata mediados de Setembro, cando faremos a nosa reapertura estelar.
"FDB EN TWITER"
Esta nova era na que se adentra a web, non pasou desapercibida nas redes socias, ou polo menos en Twiter. Despois de dous días en activo, a nosa conta é xa seguida por case 20 persoas, e todo apunta a que esa cifra seguirá medrando, día a día. Como se indica no cadrado da marxe dereita da web, a nosa conta é @FDB5, coa que esperamos poder seguir adiante en no mundo dos tweets. Proximamente, tamén contaremos cunha conta en Facebook, e todo indica a que outra en Tuenti e Myspace, pechará o círculo das redes sociais.

No hay comentarios:
Publicar un comentario