viernes, 5 de agosto de 2011

"O FUTURO DE RUBÉN PÉREZ...PODERÍA SEGUIR NA CORUÑA"

O futbolista de Écija, cedido polo Atlético de Madrid ao Deportivo da Coruña dende hai un ano e ata finais do seguinte, apunta a permanecer no plantel blanquiazul, polo menos, unha campaña máis.
Cando xa todo parecía pechado, e Borja Fernandez pasaba as probas médicas, un informe das propias impedíalle continuar coa súa cesión, xa que o xogador ourensano fora sometido a principios de verán a unha operación de ostiopatía de pubis, da que polo que parece non saiu de todo recuperado. Este, pode ser o principal impedimento para que o futbolista xogue en Segunda co Depor este ano, e o sevillano, Rubén, milite este curso nas filas xetafenses. Esta nova, sorprendeu a moitos, xa que a última hora nola acaban de ofrecer os compañeiros da Cadena SER (Coruña Deportiva), así como Adrián Candal (periodista), ou a web somosdepor.com, dende os seus respectivos twiters. Agradecemos por tanto a súa inestimable colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario