jueves, 4 de agosto de 2011

"O DEPOR LEVASE POR DIANTE AO OVIEDO, CON 3 GOLES NA RECTA FINAL"

O Deportivo da Coruña aumentou a súa racha de victorias de pretempada, ao vencer na tarde de hoxe por 0 goles a 3 ao Oviedo de Segunda 'b'. O equipo dirixido por Jose Luís Oltra, que dominou o encontro en todo momento, sufriu tamén algo para gañar o partido de hoxe, xa que tempo levou anotar o primeiro gol, que chegou da man de Lassad no minuto 57 de partido, tras unha boa asistencia de Bruno Gama. Pouco despois do carrusel de cambios nas filas deportivistas, no minuto 71, Riki ampliaba a súa conta goleadora en encontros de caracter amistoso, ao driblar ao porteiro oviedense, tras unha nova xenialidade de Juan Carlos Valerón, que se inventou un pase imposible, deixando coa boca aberta a toda a defensa rival. Logo, perto do minuto 82 de partido, Bruno Gama estreávase coa elástica blanquiazul, anotando un moi bo tanto, tras unha sensacional xogada de Andrés Guardado Hernandez, que a parte, confirmaba esta mañá dende o seu Tuenti, que permanecerá esta tempada seguro no Depor, e intentará axudalo a lograr o obxectivo do ascenso. Despois destes tres goles, tamén podemos resaltar entre os intentos e xogadas do Oviedo un largueiro nunha perigosa acción por parte do dianteiro Negredo, así como a xogada de Martins a porta vacía que perdoou por moi pouco. Esas, foron as accións máis destacadas do encontro no que predominou como de costume nesta pretempada a posesión blanquiazul, que pouco a pouco vai construíndo goles, en total 23 a favor, e 1 en contra. De seguir así, o Depor achégase cada vez máis ao desexado ascenso. Agradecemos á web riazor.org a información sobre o encontro, ao igual que a somosdepor.com, xa que por medio do seu twiter puidemos seguir o partido sen maior dificultade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario