sábado, 6 de agosto de 2011

"O DEPOR LÉVASE O TORNEO DA GALLETA ANTE UN RIVAL DE PRIMEIRA"

Os pupilos de Jose Luís Oltra, saíron vencedores unha vez máis no choque que os enfrontou esta tarde ao equipo recén ascendido a Primeira División, xunto ao Betis e o Granada, o Rayo Vallecano. Ambos equipos demostraron unha forte capacidade de resistencia, ante un campo plagado de desniveis, e duro, por non mencionar a sequía do terreo de xogo. Non obstante, o Deportivo saiu pouco convencido do seu xogo, mentres que o Rayo presionou arriba constantemente, ata perto do minuto 15, ou 20, no que o equipo herculino comezou a achegarse con perigo á meta rayista, chegar á media hora de partido, na que Bruno Gama anotou o único tanto do encontro, aproveitando un bo centro de J.Vázquez, controlando de peito dende a área pequena, e transformando así o 1-0 no minuto 28. Logo, ata o descanso, so se percibiron polos espectadores aplusos polas continuas ocasións deportivistas, que se prolongaron ata un pouco antes do carrusel de cambios habitual no minuto 70. A partir de aí, e con todos os cambios feitos, o Rayo Vallecano, liderado polo incansable capitán Michel (15 anos no clube madrileño), dispuxo de innumerables ocasións para empatar o partido, sen embargo non soubo materializalas. Un disparo alto de Susaeta, e un penalty non pitado polo colexiado do encontro, foron as claves para que o equipo madrileño non se fixera co duelo. Uns minutos antes do final, Salomao, xogador do Depor, dispuxo das máis claras ocasións do Depor, mediante unha gran xogada individual, e dous corners seguidos. Debemos destacar a enorme actuación de Marc Martinez, un seguro baixo os paus, así como de Salomao, que solo disputou 20 minutos, Bruno Gama, que xogou todo o encontro, ou Riki, que tivo seis ocasións fallidas en busca do segundo gol que finalmente non chegou. Con esta victoria, son xa seis partidos os gañados polo Deportivo, con 24 goles a favor, e tan só un en contra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario