domingo, 7 de agosto de 2011

"COMPLÍCASE O DIANTEIRO DE OLTRA"

A falta de quince días para o inicio da liga, o Deportivo da Coruña conta con toda a plantilla ao completo, exceptuando a posición máis adiantada, que aínda non está de todo cuberta. Á espera do que pase con Rubén Pérez, Oltra, ten xa a dous futbolistas por posto, tres, nalgún caso, como o lateral dereito (M.Pablo, Seoane, Laure). Xisco, ex do Depor, perfílase como primeira opción, a falta de tres semanas escasas, sen embargo, Javier Campora, dianteiro arxentino podería tamén recalar no combinado blanquiazul. Non obstante, esta última opción quedou medio descartada nas últimas horas, xa que o Huracán, o seu club actual, rexeitou unha oferta de Augusto César Lendoiro, según informan en twiter diferentes medios. A incognita na punta herculina é cada vez máis grande, e pouco falta para o comezo da división de plata do fútbol español, na que fará falta un '9' para poder ascender.

No hay comentarios:

Publicar un comentario