Tres puntos se levou o Depor desta volta, ante o Recreativo de Huelva, nun partido máis que complicado. Os de Oltra sufriron, sobre todo, nos últimos 15 minutos, nos que Daniel Aranzubía puido mostrar todo o seu repertorio de paradas, coas que fixo posible a victoria herculino. Na primeira metade, o goleador da pretempada, Iván Sanchez Soto, 'Riki', foi a referencia en ataque do Depor, sen embargo, non estivo acertado en toda a tarde. Moitas foron as ocasións do ariete madrileño -entre elas dúas de cabeza- pero foi Diego Colotto o que abriu o marcador cun soberbio tanto de cabeza, despois dunha deixada de Valerón (tamén coa cabeza), e un leve roce de Riki, para que o defensa arxentino inaugurase a súa conta goleadora na liga Adiante. Depois deste gol, o Depor continuou levando o peso do partido dominando a maioría do tempo un encontro no que o conxunto de Oltra -e sobre todo Valerón- aprenderon a valiosa lección de que a liga de prata non é en nada parecida á de ouro. Patadas, empuxóns e tiróns de camisetas foron as que condenaron ao Recreativo a cargar con dúas amarelas o resto do encontro. A pesar de que o que debería ter outros dous cartóns máis nas súas filas debería ser o conxunto onubense, o destino decidiu que fose o Deportivo o que cargase con elas, por mor da perda de tempo de Ayoze no saque de banda, e unha xogada pouco afortunada na que Lassad se viu involucrado. Pouco máis hay que contar, a parte da sensacional actuación de Aranzubía, que parou todo o que lle veu por diante nos últimos dez minutos. Por tanto tres puntos que se quedan en Riazor, despois dun traballado partido do Depor, enorme ao principio, que foi a menos ata o final.
"1 POR 1"
ARANZUBÍA: 10 - Parou todo o que lle veu por diante. O mellor do equipo sen dúbida.
M.PABLO: 6- Tivo pouco protagonismo. Ben en liñas xerais.
COLOTTO: 9- O mellor despois de Dani. Unha gran definición dalle máis puntuación desta volta.
AYTHAMI: 7- Despexou con criterio. Nos últimos minutos faltoulle fuelle.
AYOZE: 7- Correcto na súa labor defensiva. Debe seguir progresando.
ALEX BERGANTIÑOS: 8- Parecido ao Álex do Teresa Herrera, recuperou balóns, e distribuiu o xogo.
JESÚS VÁZQUEZ: 6- Perdeu máis balóns que en outras ocasións, pero enmedou os seus erros.
PABLO ÁLVAREZ: 5- Pecou de individualista en moitas ocasións, o que levou á perda de dous goles.
VALERÓN: 8- Como sempre, distribuiu o xogo cos seus sensacionais pases. Onte deu unha asistencia.
GUARDADO: 7- Ben á hora de centrar. Faltalle mellorar o regate, e o tiro. Bo partido o del.
RIKI: 7- Puido facer máis do que fixo, pero o balón non quixo entrar nunca. Polo menos intentouno.
SALOMAO: 6- Levou ao equipo cara arriba, nun momento de cansancio xeral. Bo debut.
LASSAD: 3- Como de costume, o pouco balón que tocou perdeuno. Moi mal o disparo de onte.
LAURE: SIN TEMPO. Para o pouco tempo que tivo, puido recuperar dous balóns.

No hay comentarios:
Publicar un comentario