jueves, 25 de agosto de 2011
"HABERÁ FÚTBOL"
Despois de días e días de reunións interminables -como a do día de onte, na que estiveron reunidos 12 horas en total- hoxe, día 25 de Agosto de 2011, está todo listo para que den comezo as dúas ligas máis importantes do fútbol español, a BBVA, e a Liga Adiante. LFP e AFE, acordaron na mañá de hoxe unha serie de apartados qua ata o de agora, non permitían que disputar a liga fose posible. Máis de 200 futbolistas protestaban por impagos, que finalmente esperamos se produzan, despois de ter desconvocado a folga. Por tanto, e despois de moitas discusións, o Deportivo da Coruña xogará este Sábado día 27 ante o Recreativo de Huelva ás 18:00 horas, dende o estadio Municipal de Riazor. Neste encontro, a directiva deportivista, así como os xogadores, esperan unha gran entrada, a poder ser da maioría de abonados (22.161 a día de hoxe) posible. Juan Carlos Valerón así o declarou hoxe ao mediodía nos micrófonos de Radio Marca Coruña, nos que asegurou que nos partidos en casa hay que sair a polos tres puntos e evitar que saia algún do feudo herculino. Tamén comentou como xa ben sendo habitual que a Segunda División non ía ser unha tarefa doada. O partido será retransmitido en directo dende a segunda canle da Televisión de Galiza (Tvg2). Por outra parte, o partido que correspondería á primeira xornada de liga, que non se puido disputar pola folga, xogarase o Mércores día 26 de Outubro finalmente, depois de que moitos medios asegurasen que se xogaría no mes de Decembro. En cambio, a liga BBVA, contará coa mesma xornada complementaria, pero no mes de Xaneiro, por compromisos dalgún equipo en competicións europeas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario