martes, 30 de agosto de 2011

"24 HORAS, PARA CATRO DESCARTES"

Os descartes de Jose Luís Oltra para esta tempada, reman a contracorrente a tan so 24 horas do peche do mercado de verán. Iván Pérez, Diego Seoane, Claudio Morel e Rodolfo Bodipo, son os nomes propios de dous tipos diferentes de futbolistas, que en nada se parecen. Iván Pérez e Diego Seoane, son a xuventude personificada, xa que a súa idade é corta no referido ao fútbol. En cambio, son Rodolfo Bodipo e Claudio Morel todo o contrario, xa que ambos superan os 32 anos, idade na que poucos triunfan neste deporte. Despois dunha larga pretempada -que se fixo aínda máis longa polo tema da folga- na que soamente Diego Seoane disputou algún minuto, é o último momento para estes catro descartes no que deberán atopar equipo en cuestión de horas. Ao principio do verán, eran moitos os que relacionaban a Claudio Morel cun equipo paraguayo, pero esa opción quedou descartada aos dous días. En canto a Rodolfo Bodipo, según moitos comentaban na rede social Twiter hay semanas, o ariete sevillano estaría na órbita do Cartaxena, sen embargo, ao igual que o caso anterior, non se volveu a falar máis dese tema. Finalmente, os fabrilistas Diego Seoane e Iván Pérez, que non foron relacionados con ningún conxunto, poderían seguir no día de mañá os pasos que tomou Raúl García, que ao comprobar que non se contaba con el, decidiu buscar un equipo ao que poder ir cedido, neste caso, o Melilla de Segunda 'B'. Todo apunta a que por moito que se apure o club en buscar solucións, polo menos un dos descartes permanecerá na Coruña. Nese caso, o Deportivo tería a solución de non proporcionarlle dorsais aos descartes de Oltra, a pesar de que o máis probable sería recibir unha denuncia, como sería casi seguro, o caso de Bodipo, que quere xogar no Depor. Morel, sería outro dos futbolistas que se quedarían, sen embargo, os fabrilistas apuntan a unha cesión inmediata, como foi o caso do seu compañeiro. Do que están seguros tanto Ernesto Bello, como Lendoiro ou Oltra é que con 27 xogadores nas súas filas, habería que prescindir polo menos de tres. As posibles ventas de Rubén Pérez, ou Guardado, facilitarían este apartado, non obstante, o técnico conta polo menos co internacional mexicano.

"FDB, EN TWITER E FACEBOOK"


FDB asalta por fin as redes sociais, nas que é coñecida como @FDB5 (no caso de Twiter) ou Forza Depor Blanquiazul (no referido a nosa conta de Facebook). Despois dun mes en Twiter, FDB conta xa con preto de  45 seguidores. En canto á nosa conta en Facebook, FDB colleitou no día de hoxe (o primeiro) 15 amigos, e esperase ir subindo en cifras aproximadas a estas día a día. Agradecemos aos nosos seguidores o apoio incondicional, así coma aos nosos lectores diarios. Tamén añadimos que a nosa enquisa quincenal finalizará mañá pola noite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario