lunes, 25 de julio de 2011

"LUX, NOVA CARA NA META DEPORTIVISTA".

Germán Lux convertiuse hay un par de horas en novo xogador do Real Club Deportivo da Coruña, co que firmou por un ano. O meta arxentino, procede do Mallorca, no que xogou durante catro anos, iso sí, sendo a sombra de Moyá, primeiro, e Aouate despois. Lux, formouse na canteira do River Plate, recentemente descendido a Liga B, arxentina. No seu país natal, proclamouse tres veces campeón (consecutivamente) do torneo de Clausura (2002, 2003, 2004). Tamén gañou importantes torneos como unha copa Mundial de fútbol sub- 20 coa selección arxentina, un campionato preolímpico sudamericano sub-23, unha medalla nos xogos olímpicos de Atenas no 2004 e por último un subcampionato na copa da FIFA de Confederaciones, en 2005. Según parece, trátase dun arqueiro con moita experiencia, e que aportará calidade á meta herculina. A pesar disto, afirma saber perfectamente a carreira de Aranzubía, e comenta que non será nada fácil arrebatarlle o posto de titular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario