lunes, 25 de julio de 2011

"DÚAS VICTORIAS PARA COMEZAR"

O Real Club Deportivo da Coruña, segue perfilando a súa tempada, con victorias frente a equipos inferiores en canto á categoría se refire. O pasado Venres, os pupílos de J.L.Oltra, demostraron a súa clara superioridade ante o Viveiro, cun  90 % da posesión do balón, anotando así tres goles. Riki por partida dobre e Saúl, foron os autores dos goles da tarde. A pesar da clara victoria do Depor (0-3), o adestrador deportivista añadiu que se podían ter marcado máis goles.
Iso, sí foi posible onte, Domingo, en Vilalba, no campo da Magdalena, ante o Racing Vilalbés. O conxunto herculino, derrotou ao lucense (Racing Vilalbés) por 1-5, ante 2000 espectadores. Aos tres minutos, o dianteiro franco-tunecino, Lassad, adiantaba aos blanquiazuis, apoiados, como sempre polos incansables, Riazor Blues. No minuto 26 da primeira metade, os herculinos mandaban xa no encontro, con tres goles de diferencia (Lassad 2, J.Vázquez 1). O de Jesús Vázquez, supoñía o primeiro gol dunha incorporación nesta pretempada. Juan Carlos e Riki, remataban o encontro, apoiados coma sempre, no mago do partido, Don Juan Carlos Valerón. Xaime, anotou para os vilalbenses o gol da honra, moi aplaudido pola grada.

FDB, coma sempre, asistiu a este último encontro disputado polo Depor, por eso, en breve serán publicadas imaxes inéditas do encontro, do ambiente e dos xogadores, que aceptaron fotografiarse co equipo de FDB. Tamén poderemos contar nuns días cun resumo da nosa visita ao Porto (Portugal), en busca de novidades no asunto do traspaso de Andrés Guardado, aínda que todo apunta a que o Sporting de Lisboa non será o equipo do mexicano no futuro. Pronto, sairemos de dúbidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario