martes, 26 de julio de 2011

"QUE BODIPO XOGUE NO DEPORTIVO: MISIÓN IMPOSIBLE 5"

Esta tarde, Abegondo asistirá ao resurxir de Rodolfo Bodipo ao Deportivo da Coruña, do que se separou hay cousa de tres anos, por falta de minutos -e gol- no clube herculino. A súa traxectoria polo fútbol español, comezou no ano 1995, cando  debutou co Montequinto, e  continuou no Isla Cristina, ata o 98. Estes dous equipos, son os clubes dos seus inicios, os que o viron nacer como futbolista, sen embargo, foi a finais do 98 cando deu o salto a un grande do fútbol español, como o é o Recreativo de Huelva, onde xogou ata mediados de 2001. Máis tarde, continuou coa súa progresión, xogando no Racing de Santander, e posteriormente, no Alavés, onde conseguiu marcar 16 goles en 38 partidos como titular, na Segunda División española. Ese mesmo ano, conseguiu o ascenso co club vasco. Finalmente, no ano 2006, Rodolfo Bodipo recalou nas filas do Deportivo da Coruña, como capricho do ex adestrador sevillano do Depor, Joaquín Caparrós. Esa tempada, tivo pouco rol no equipo, xa que unha lesión o mantivo alexado dos terreos de xogo durante meses. A precipitada decisión de Augusto César Lendoiro de firmar co futbolista sevillano durante seis campañas, fixo que Bodipo tivera que saír cedido ao Vaslui rumano, onde so permaneceu durante un mes, e logo, ao Elche, co que so foi capáz de anotar 2 goles nunha volta, iso sí como suplente. A pesar de todas as lesións sufridas, e a súa constante suplencia, Rodolfo é actualmente o máximo goleador do Deportivo na Segunda División, xa que sumando todos os tantos firmados polo sevillano-guineano en todos os clubes da división de plata dos que formou parte, a cifra elévase á frioleira de 50 goles, algo que ningún deportivista actual da plantilla herculina supere. O xogador do Deportivo, que non conta para Oltra, foi tamén internacional coa súa selección (Guinea Ecuatorial), cinco veces, nas que puido anotar 3 tantos. Algunhas das súas últimas aparicións en público televisadas, foron por exemplo a do play off de ascenso co Elche, no que foi expulsado, estando no banquillo por protestar, ou ben o partido benéfico celebrado hay un par de meses, Liga BBVA-Africa United, onde tamén participou o deportivista Valerón. Nese encontro, o combiando de xogadores africanos, venceu por 3 goles a 2, grazas a unha asistencia e un gol de Rodolfo Bodipo. Iván Pérez e Morel, forman xunto ao sevillano a lista actual dos descartes do novo Deportivo de Oltra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario