O Real Club Deportivo da Coruña atravesa estas semanas unha das súas típicas crises ligueiras. Os de Lotina, que viñan de perder en Barcelona contra o Espanyol (2-0), nada puideron facer para volver ás posicións tranquilas da táboa, ante un desesperado Levante, que o intentou todo para conseguir a vitoria. Tras moitos e desesperados intentos do equipo valenciano, o seu premio chegou no minuto 90, de falta afastada. Un Depor canso, e sen ideas, caeu derrotado xusta e merecidamente no seu feudo sagrado. O Levante, que está a firmar unha magnífica segunda volta, abrumou ao Deportivo, que ensinou a súa peor versión diante da súa afición, que saíu do estadio municipal de Riazor cansa e medio durmida pola falta de fútbol do seu equipo ante clubs do seu mesmo nivel.
Non obstante, partidos como o Depor-Sevilla, Depor-Villarreal ou Depor-Madrid, o club coruñés mentalízase para saír a gañar, e non para realizar un partido tan desastroso como o deste Domingo. Como última solución, Miguel Ángel Lotina, ten decidio xunto ao resto do equipo técnico, levar o primeiro equipo a xogar hoxe ao baloncesto e ao balonmán para "limpar a cabeza", segundo declarou ante os medios o técnico de Meñaka.
Pola súa parte, Alberto Lopo e Lassad Nououi, asimilaron a derrota con deportividade, pero non se renden e pensan distinto que moitos afecionados: "O Depor salvarase rapidísimo, con xogar soamente ao 70% ", comentou o punta franco-tunecino.
En canto aos lesionados, Xisco, Morel e Riki, seguen sendo habituais visitantes na enfermaría, non obstante, o seu prazo de lesións está xa a chegar á súa fin. O lateral, Laure, é outro dos que se deberá pasar a revisarse, xa que se lesionou o pasado Domingo, e ao parecer padece unha rotura fibrilar na coxa. En canto ao ariete, Riki, espera poder chegar sen ningún tipo de problemas ao seguinte partido contra o Mallorca.

FORZA DEPOR, VOLVE Á REDE.
Este espazo volve ao fucionamento tras dous longos meses de sequía nos que nada puidemos facer para poñernos en marcha de novo. Hoxe, 22 de Marzo de 2011, comeza unha nova era en FDB, na que vos informaremos continuamente da actualidade deportivista, non so por escrito, senon tamén mediante pequenos informativos e emisións radiofónicas. Este último proxecto está polo momento en preparación, non obstante, será sen dúbida a envidia de moitos sitios webs deportivos. Esperamos que gocedes desta nova etapa que está a piques de comezar. Un saúdo e Forza Depor!

No hay comentarios:
Publicar un comentario