martes, 11 de enero de 2011

ALTAS E BAIXAS.

Vinte días separan ao Deportivo das novas incorporacións, e saídas que ten que pechar antes do 31 de Xaneiro. Non hai moitas horas, descubrimos movementos dos coruñeses no mercado, se queren velos, non se perdan este artigo.

Augusto César Lendoiro, presidente do Real Club Deportivo da Coruña, segue coa súa búsqueda no mercado invernal, no que xa atopou coa axuda de Ernesto Bello uns cantos xogadores prometedores que rematan contrato Tamén saltou este mediodía unha das noticias máis impactantes que deixou a moitos no sitio.

 Juan Rodriguez, xogador do Deportivo, deixará de selo dentro de pouco xa que o Getafe CF, se interesou no mediocentro, que remata contrato co Depor o 30 de Xuño. Onda Cero e a Televisión de Galicia, confirmaron este rumor na súa edición de hoxe respectivamente, no que tamén avanzaron que Lopo tamén podería ser arrastrado ao club azulón.

En canto ás altas, Richy defensa do Córdoba, rival non hai moito do Depor en Copa, pode ser dentro de poucas horas novo xogador do equipo blanquiazul, xa que Lotina e o club en xeral expresaron os seus desexos de contar co futbolista pontevedrés neste mercado invernal pola posible saída de Lopo e Ze Castro nuns días. O defensa vigués quedará libre o próximo 30 de Xuño, e ten 26 anos. Tamén o Fabril está pensando en novas incorporacións para este mercado invernal. De feito, xa chegou o primeiro futbolista, xa que o fichaxe xa está pechado. Finalmente, o elixido foi Dinis, que procede do mesmo equipo que Desmarets, o Victoria de Guimaraes. É mediocentro e virá cedido con opción de compra.

Como puideron comprobar, o mercado está aberto, e polo momento, ningún "9" está na lista de fichados. Cando teñamos máis noticias, tanto de altas como de baixas seguiremos informando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario