Depor 0.
Barça 4.
Despois dunha sorprendente victoria ante o Athletic de Bilbao en San Mamés, o Depor tocáballe o prato forte, na casa. O Barça visitaba o feudo blanquiazul, coa sorpresa de Xavi, que se sentaba no banquillo, como suplente en Riazor. Luís Suarez, único balón de ouro español, tivo o privilexio de ser invitado e acompañado polo presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, a realizar o saque de honor, xunto a unha das súas tres netas. Fíxoo entre aplausos de ambas aficións, que disfrutaron do fútbol deste xogador na súa época dourada. Xa no partido, destacamos os primeiros vinte minutos deportivistas, que souperon aguantar ao actual campión da liga española, a base de despexes e contras. Aos 21 minutos, Adrián, tería nas súas botas unha das ocasións máis claras dos herculinos, cando colleu un rebote dun centro, e disparou ás vallas publicitarias. A partir desa xogada, o Barça apoderouse do balón, ata que chegou por fin o primeiro gol dos azulgranas. Villa, foi o encargado de colar o balón entre as pernas de Aranzubía, tras quedar desmarcado e só para recibir o pase. Xa na segunda parte, podemos destacar os berros e abucheos constantes hacia Andrés Iniesta, por parte do Riazor Blues. Valerón, volveu a ensinar ao mundo a súa maxia, cando alá polo minuto 55, se regateaba el só a medio Barça, ante a sorpresa do goleador na final de Sudáfrica, que se fixo pequeno, ante os autopases e fintas recibidas das botas do xogador de Arguineguín. Pouco durou a alegría e a esperanza de remontar xa que Villa e Messi, acordaron entre eles tirar unha falta ao borde da área, despois de que o propio asturiano amagase o disparo e deixase totalmente descolocado a Dani Aranzubía, para que Messi puidera executar sen problemas, con media portería vacía. Quince minutos despois, o Barcelona mataría o partido cun gol de Iniesta, cruzado dende fora da área, e outro de Pedrito, con Aranzubía medio batido. Adrián tivo a última do Deportivo ao final, tras un soberbio pase de Valerón que o deixou só ante Victor Valdés, que soupo conter os nervios e deixar a súa meta valeira. Cero a catro ao final, un resultado que deixa aos dous equipos no mesmo sitio onde se atopaban antes de xogar o partido.MESSI DEIXA AO FÚTBOL ESPAÑOL SEN BALÓN DE OURO.
Lioneel Andrés Messi deixou tocado unha vez máis ao fútbol español, tras recibir por segundo ano consecutivo o balón de ouro, ao que estaban nominados Andrés Iniesta e Xavi Hernandez, que acabaron derrotados pola efectividad do arxentino. Pep Guardiola, adestrador dos tres futbolistas, entregou xunto a Blatter este recoñecido premio que unha vez máis caeu en Arxentina. Por tanto, Luís Suarez, ex xogador do Deportivo da Coruña, segue sendo o único español con este preciado trofeo nas súas vitrinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario