jueves, 23 de diciembre de 2010

REPASO ANUAL.

Forza Depor plántalle cara ao 2011, co mellor dos sorrisos, e con moreas de desexos. Deixamos atrás o 2010, ano no que esta web se reivindicou, e resaltou nos medios web deportivos. Alá polo 7 de Novembro de 2009, FD, poñíase en funcionamento, a mediados de liga, cunhas crónicas, que dende logo había que pulir un pouco, para conseguir o éxito. Paciencia e dedicación, no último més de 2009, deronnos a clave para continuar con este proxecto, que foi xa a envidia de moitos outros sitios web, que pediron da nosa axuda. Algún exemplo, Aúpa Dépor (www.aupadeporblanquiazul.blogspot.com), Cambre Promesas (www.cambretm.blogspot.com) ou Elbanquillovisitante (www.elbanquillovisitante.com). Todas estas páxinas, solicitaron urxentemente a nosa colaboración, de ahí o motivo polo que as nosas crónicas se retrasan constantemente. Xa no 2010, FD, tivo a sorte de contar cun bo lote de entrevistas (Lendoiro, J.Dominguez ou Iván Pérez.), ou xiras por todos os ricóns de España e outros lugares (Lugo, Málaga, Granada, Lisboa, Oporto, Touluse, e demais sitios nos que puidemos comprobar distintos tipos de fútbol. Neste mesmo ano, puidemos tamén participar na quinta edición dos premios 20 blogs, organizado polo diario, 20 minutos. A nosa posición, mellorou a de moitos outros blogs coñecidos, quedando 199ª, de 400 participantes na sección deportiva. Tamén recibimos visitas de moitos lugares por isto, xa que Canadá, os Estados Unidos, Arxentina, Brasil, Venezuela, o norte africano, Francia, China, Perú e Paraguay, coñecen e adoran xa Forza Depor. No último tramo destes 365 días, conseguimos acadar a non despreciable cifra de 900 persoas, no més de Outubro. Agora, o descenso delas, está sendo inevitable, por tanto rogamosvos a vosa axuda, para facer de FD, en 2011, un dos mellores sitios web deportivos de España. Bo Nadal, e felices festas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario