domingo, 5 de diciembre de 2010

NÚMEROS ROJOS.

CRISE NAS ESTADÍSTICAS.


Forza Depor está pasando nestes últimos meses por un dos seus peores momentos, dende a súa existencia. O més que empregaremos como referencia, será Outubro. No més anterior a este, Setembro, puidemos captar un ascenso considerable de visitantes no noso sitio. Outubro, o noso período de alusión, contou co mallor número de visitantes, 715. A partir de aí, o més de Novembro, convertiuse na data clave, na que o descenso de público, foi aumentando cada día, ate asentarnos na cifra 484. Toda esta crise pola que estamos pasando, débese á falta de puntualidade das nosas crónicas, que non sempre chegan ao rematar cada partido. Por iso, rogamoslles que nos disculpen e que sigan confiando na nosa información, que a partir de agora, será ao instante. Tamén lles debemos recordar que esta páxina web está dirixida, escrita e actualizada por unha soa persoa, que depende do tempo xusto para citarse aquí. Unha vez máis pedímoslles disculpas, e esperamos que estes pequenos fallos técnicos no volvan a ocorrer. Sen embargo, parte dos nosos lectores xa están reaccionando antes de tempo, posto que nos cinco días que levamos de Decembro, recibimos 79 importantísimas visitas que están conseguindo levantar o ánimo dun humilde periodista. Por todo isto, grazas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario