VICTORIA, COA CABEZA.
1 – Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Colotto, Aythami, Lopo, Seoane; Rubén Pérez, Antonio Tomás (Juan Domínguez, m.77); Saúl, Urreta (Pablo Álvarez, m.80) e Adrián (Lassad, m.66).0 – Hércules: Calatayud; Cortés, Paz, Pamarot, Peña; Abel Aguilar, Fritzler (Tiago Gomes, m.55), Drenthe (Kiko, m.61), Tote, Valdez (Portillo, m.79) e Trezeguet.
Goles: 1-0, min. 71, Lassad.
Árbitro: Fernández Borbalán (Comité Andaluz). Mostrou tarxeta amarela a Peña (m. 10), Fritzler (m.49) e Drenthe (m.59) polo Hércules e a Lopo (m.26) e Manuel Pablo (m.90) polo Deportivo.
Incidencias: Partido correspondiente a la decimocuarta xornada de Primeira División, disputado no Estadio Municipal de Riazor. 16.000 aficionados nas gradas do estadio coruñés.
O Deportivo da Coruña logrou neste pasado domingo tres importantísimos puntos, que o colocan no duodécimo posto da táboa. Fíxoo ante un rival directo, o Hércules, por un gol a cero. O actual equipo de dous ex deportivistas que non están disfrutando de demasiados minutos nesta tempada co equipo herculano (Rodri e Cristian), marchou do estadio coruñés co rabo entre as pernas, fusilado por un gol, como non de estratexia. Tras centos de carreiras e trotes de Urreta, que foi o único activo da primeira parte, pola banda de Riazor, o tempo foise consumindo, ate o minuto 71, no que, de novo cunha xogada de estratexia, o Depor deixou sen palabras ao seu rival. Un bo centro de Rubén Pérez, cabeceado por Colotto no segundo pau, deixoulle soa a porta a Lassad, quen viu clarisimamente as intencios do seu compañeiro arxentino. O franco-tunecino, fixo o resto, utilizando a cabeza para rematar un balón perdido, que acabou no fondo da rede. Xa ao final, tocou sufrir, posto que o segundo tanto non daba chegado. Dous disparos de Portillo, ambos coa esquerda, puideron meter ao Hércules no partido, mais a puntería falloulle desta vez. Os 16.000 aficionados que acudiron a Riazor animaron o partido, sumandose aos Blues, con canticos contra Gonzalez (adestrador de porteiros do Hércules, que no seu día lle tocou parar un penalty co Valencia que lle quitaría a liga ao Depor.) e Drenthe, polo seu pasado madridista. Xa na roda de prensa de adestradores, o do Hércules comentou que ningún equipo merecera saír victorioso do encontro, e que a folga dos controladores aéreos influíra na súa viaxe de catorce horas, por terra. Lotina, mostrouse satisfeito polo rendemento dos seus futbolistas e comentou tamén no referido as estadísticas persoais o enorme fallo de Lassad no tempo de desconto, ao regalar un balón que case remata en gol, en vez de despexalo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario