DOUS ENCONTROS TOTALMENTE DIFERENTES.
O Deportivo da Coruña xogou nestes últimos días dous encontros totalmente diferentes, nos que logrou sacar unha victoria e unha derrota. A primeira, en Riazor ante o Málaga, por tres goles a cero, obre de Adrián (pen.), Colotto e P.Álvarez. O segundo partido, disputouno no Sardinero, e perdeu pola mínima ante un Racing que salvou ao seu técnico, Portugal dunha destitución case segura, cun gol de carambola.
UN MÉS PARA PECHAR AS ALTAS E BAIXAS.
Neste més de Decembro, o presidente da entidade blanquiazul, Augusto César Lendoiro deberá pechar o ano, evitando as saídas de xogadores importantes na plantilla como Juan Rodriguez, Lopo, Antonio Tomás ou Adrián. Tamén comunicou no día de onte á afición coruñesa (según avanzou o diario AS) a posible incoporación de Georgios Samaras, un dos dianteiros destacados nos últimos anos en Europa, que remata contrato o 30 de Junio de 2011. O dianteiro grego-australiano militou no Heerenveen inglés, pasou polo Manchester City, evitando ao Arsenal, que finalmente non o puido fichar e actualmente xoga no Celtic escocés, o mellor equipo do seu país. O futbolista, foi pretendido tamén polo Atlético de Madrid, despois da súa actuación no Mundial de Sudáfrica e na Eurocopa 20008. Na imaxe, o xogador grego disputando un dos partidos que xogou en Champions. Més complicado, para un Depor necesitado.

No hay comentarios:
Publicar un comentario