Forza Depor recibiu esta tarde un agradable regalo sorpresa de aniversario, a victoria do Depor. O equipo herculino resucitou definitivamente tras acumular dúas victorias seguidas por máis dun gol. 343 días foron os que houberon que esperar para ver por fin ao Depor gañar fora de casa, neste caso no Ciutat de Valencia. No minuto dez da primeira parte, Riki abría o marcador cun disparo cruzado dende fora da área, que botou ao lado do pau, imposible para Reina, porteiro do club valenciano. Pouco perigo creaba o Levante despois do gol deportivista, que se viña abaixo cando Adrián case sentencia o partido, intentando crear perigo ante o gardameta contrario. Co final do primeiro período, o ambiente no Ciutat era desesperante para todos os valencianos que se desplazaron ata el para animar ao seu equipo, que actualmente se atopa en zona de descenso. Aythami no segundo tempo, deixaría ao Depor cunha clara vantaxe de cero a dous, cun disparo dende fora da área tras un magnífico regate. Para darlle emoción a un partido que o combinado herculino tiña totalmente encarrilado, Juanlu, acortaba distancias por medio dun cabeceo despois dun imperdoable fallo de M.Pablo. Os últimos cinco minutos, foron os máis dificiles para o Depor, que tivo a sorte de que lle anularan un gol ao Levante. Por fin se comeza a ver a mellor versión dun Depor, que loitará ate o final.O mellor:
A victoria que saca ao Depor dos postos de descenso.
O peor:
A desesperación dos últimos cinco minutos, nos que a defensa non estivo demasiado acertada.
O dato:
Os 343 días que levaba o club herculino sen gañar fora de casa.
Con esta amplia crónica rematamos por hoxe. Tamén nos gustaría decir que a partir de agora, Forza Depor, será páxina web oficialmente, xa que foi abonada a cantidade de diñeiro necesaria para procesar tal privilexio. Grazas a todos por seguir lendonos. Para rematar, todos os interesados, tedes o video do encontro
na marxe dereita da páxina principal. Grazas unha vez máis e Forza Depor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario