martes, 9 de noviembre de 2010

CUARTOS... E ORGULLOSOS.

O Real Club Deportivo da Coruña acaba de ser nomeado o cuarto mellor equipo de España nesta última década. Estas estadísticas foron calculadas pola CIHEFE (Centro de Investigadores de Historia e Estadísticas do fútbol español). José del Olmo, presidente desta organización, fixo pública recentemente a lista dos 34 mellores clubs de fútbol dende o ano 2000 ao 2010. Esta lista, é encabezada polo Barça, seguido polo R.Madrid e co Valencia en terceiro lugar. O Deportivo, consegue así a súa mellor puntuación dende o ano da súa fundación. Nestas estadísticas só se teñen en conta os equipos que xogaron unha ou máis tempadas en primeira nestes dez anos. Como se pode observar no seguinte gráfico, proporcionado por Canaldeportivo e a páxina oficial da CIHEFE, a clasificación é encabezada polo F.C.Barcelona e deixa como "colista" ao outro combinado catalán, o Gimnàstic de Tarragona. Este é un dos maiores logros do deportivismos que ten que ser celebrado! Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario