domingo, 7 de noviembre de 2010

UN ANO CO DEPOR NO CORAZÓN.

Hoxe, Domingo 7 de Novembro do 2010, cumplese un ano da aparición deste sitio na rede. Para celebralo traerémosvos nestes últimos dous meses do ano, como xa dixéramos onte, reportaxes inéditas, as mellores crónicas, e un repaso dos nosos logros nestes 365 días. Hoxe, comezamos coa previa do encontro que se disputará esta tarde no Ciutat de Valencia, o Levante-Depor. Un encontro a priori importante para lograr o propósito que todos os deportivistas esperan, saír da zona de descenso ante un rival directo acabado de ascender. Sergio Gonzalez Soriano, ex deportivista, comentou o outro día para o diario oficial do club, o seu desexo de anotar un tanto ao seu ex equipo e non agochará a súa ledicia ao celebralo. Na Coruña, todos os aficionados herculinos estarán atentos ao sucedido no encontro. Agora, todos os coruñeses unirán
as súas forzas para apoiar ao combinado que dirixe M.A.Lotina. Entre eles, o can que aparece na imaxe que nos enviou unha das nosas seguidoras, co obxectivo de inspirar a un Depor, que hoxe se xoga uns importantísimos tres puntos. Ao longo desta semana seguiremos con vós para adiantarvos as diversas reportaxes das que podedes gozar. Ata pronto e Forza Depor!

1 comentario:

  1. noraboa por este fermoso blog pero recomendovos tamen que visitedes www.cambretm.blogspot.com
    felicidades

    ResponderEliminar