jueves, 11 de noviembre de 2010

A OITAVOS!

O Deportivo encarrila unha vez máis a súa participación na Copa do Rei ou como moitos o chaman, o torneo do K.O. Desta volta, fixoo ante o Osasuna do Antonio Camacho. Tratábase do encontro número 150 de Lotina, partido, no que os seus xogadores lle regalaron unha bonita victoria. Tres son xa os encontros consecutivos de maneira oficial que leva gañando o conxunto coruñés. A primeira metade, penosa para os blanquiazuis, que se resignaron a observar a posesión de Osasuna. Xa na segunda metade, apareceu o Depor de sempre, que nalgún momento ate pareceu o Super Depor de Arsenio. Coa mesma defensa, a de cinco, os centrais e laterais, sumáronse tamén ao ataque ata que un rebote dun centro de Seoane é recuperado por Zé Castro, que se saca un dos mellores centros do partido, que cabecea Riki no segundo pau. Pouco despois, alá polo minuto sesenta e un, co cambio do dianteiro de Aranjuez, chega o tanto que deixaría helados aos 9.000 espectadores que acudiron ao estadio, gol dos navarros. Tras un mal despexe, un rebote e un posible fora de xogo, os de Camacho, logran poñer en táboas o marcador. Nese intre, unha xogada despois, Lassad convertiría un fermoso pase de Valerón, un dos mellores do partido, nun soberbio disparo cruzado pola escuadra do meta, Riesgo, que pese a lanzarse a por el, non tivo nada que facer ante semellante cañonazo. Por fin, un ano despois, o dianteiro franco-tunecino, amosaríanos o seu bo xogo. O Depor pasa un ano máis a octavos, e agora sí, se nota o peso dos dianteiros no equipo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario